Onte 1692: “Galería de saldos”, booktrailer interactivo
Entusiasmoume o booktrailer de Galería saldos, o libro de relatos co que Diego Giráldez debuta en Xerais Narrativa. O espectacular traballo, dirixido por Antón Veiga e realizado por Mon Moares, leva este tipo de pezas audiovisuais, destinadas a contribuír a facer máis visible o libro e compartir as lecturas, ao territorio da interactividade e a realidade virtual, que aínda non fora explorado polos produtos literarios en galego. Un booktrailer interactivo que coa axuda do rato ou movendo o móbil ou a taboíña permite percorrer virtualmente, nunha experiencia de 360 graos, unha galería de arte na que se pode visitar e descubrir as ilustracións de Iago Sánchez Losada, que interpretan e reinventan as obras de arte que deron pé a cada un dos relatos do libro de Giráldez, enmarcados na memorable portada creada por Antonio Seijas. Un traballo presentado no festival Cans, que por vez primeira dedicou un espazo a este tipo de obras, cuxa peza pioneira, Os libros arden mal, publicou Xerais en decembro de 2006.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir