Onte 1435: «Corazón silencioso»
O dereito a unha morte digna, a cuestión da eutanasia, é un tema que foi abordado en películas como Mar adentro (2004) de Amenabar ou Amour (2012) de Haneke, Corazón silencioso, o drama do dinamarqués Bille August, volve sobre este dilema moral no que finalmente prevalece a firmeza da decisión individual sobre a dor que provoca esta elección no entorno familiar. Empregando unha estrutura teatral pouco orixinal, a reunión de oito persoas dunha familia para celebrar a despedida da avoa que padece unha doenza incurable, August expresa a vulnerabilidade duns seres humanos obrigados a enfrontarse a horas decisivas (aí a presenza inexorable dos reloxos). A sobriedade das interpretacións femininas salva un filme que, a pesar de todo, constitúe unha exaltación esperanzosa das vidas compartidas. A tenrura da derradeira escena é dificilmente esquecible nunha película que, a pesar do interese dalgúns diálogos e o humor dalgunha escena, esvara polos vieiros dun sentimentalismo nórdico.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir