A cruz da lectura
Vía Libro de notas leo un interesante artigo de Javier Aranda Luna sobre a lectura en México. Propón un debate de interese para nós: aumentar a dotación bibliotecaria pública vai supoñer unha mellora dos índices de lectura? Confrontando os índices de lectura de Xapón (91% da poboación) e de Alemaña (60%) cos de México (aínda moi inferiores aos nosos) conclúe preguntándose se isto non se deberá á que a herdanza católica de non ler estará causando estragos. Un debate suxestivo: cales son as razóns profundas dos nosos baixos índices de lectura?
O da herdanza católica, a verdade, é que está aí. Os protestantes puxéronse a ler a Biblia e nós continuamos escoitando ó cura.
O certo é que ler nos tempos actuais, fóra das catro obras do hit-parade, parece cousa duns cantos teimudos e ben rariños. E xa non falo de ler clásicos ou libros dun certo grosor. Aínda que creo que Internet pódelle dar un pulo insospeitado ó tema, outra cousa é saber aproveitalo.