Estatísticas do libro galego
Moi útil e esta anotación do Observatorio da Cultura Galega na que recupera os datos das estatísticas publicadas (de 2002 a 2008) polo INE sobre a produción de libros en Galicia. No entanto, creo que os datos proporcionados pola Oficina do ISBN son os máis fiables para seguir a tendencia de produción por número de títulos e os do estudo do comercio interior do libro no referido ao volume de produción en número de exemplares e de vendas por tipoloxía de edición e de canais (en definitiva, o que interesa ao sector para tomar decisións).