Onte 867: Terra anfibia
Tras dous meses rachando o ceo, comezan a faltar doses de paciencia. Non se fala doutra cousa. Precisamos uns días de tregua de ballóns, ventadas e treboadas na terra e no mar. A riqueza de formas para definir «as precipitacións en forma de pingas de auga prrocedentes da condensación do vapor de auga existente na atmosfera», as que chamamos «chuvia» ou «choiva» (chuvieira, chuviñada, cebra, babuxa, borralla, poalla…), expresa apenas a nosa condición de terra anfibia. Chove, chove.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir