Onte 850: Unha nova transición?
Este artigo de Jesús Cacho sobre El-Rei amosa que algo se está movendo na corte. Non é dificil identificar que tras a denuncia contundente do enriquecimento desorbitado de Juan Carlos ao longo do seu reinado e da actuación por libre da parella Borbón-Urdangarín está a intención de promover a abdicación a e a continuidade da liñaxe borbónica. Coincidindo coa grande manifestación de onte en Bilbao pola paz e pola solución, co proceso catalán en marcha, con Galicia a velas vir, coa remuda da gobernanza europea, esta loita cortesá entre xoancarlistas e felipistas amosa que vivimos unha nova transición. Como sucedeu hai case catro décadas, nun proceso político de mudanza ábrense expectativas e importantes esperanzas, mais tamén é posible que queden en auga de castañas.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir