Israel continúa os seus ataques

A pesar do chamamento do Consello de Seguridade da ONU, o goberno israelí continuou durante esta noite os seus ataques aéreos indiscriminados sobre a poboación civil da franxa de Gaza. Semella que son intereses electoriais os que están detrás deste ataque brutal que, para algúns analistas, constitúe un erro estratéxico de vulto.
O que nunca entenderei é a reacción dese grupo de persoas que apoian en Galicia cegamente as accións militares do goberno israelí e que onte publicaron os seus comentarios ao pé da nosa anotación. É posible xustificar tan friamente o asasinato de case trescentas persoas? Non hai posibilidade de atopar, sequera nalgunhas das súas palabras, algunha esperanza de que isto pode ter unha solución política (baseada na legalidade internacional)? Verdadeiramente desacougante.
13 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Pode parecer parvada pero non o é: non acabo de entender que mesmo os que non son periodistas sigan os manuais de estilo da prensa e chamen ataques ó que son ATENTADOS por moito que fosen realizados por un dos exércitos máis potentes do mundo.

  2. Carlos
    Carlos Dice:

    Visto que vostede non condea os constantes ataques contra civis israelís por parte de Hamas. ¿Debo deducir que vostede apoia cegamente o terrorismo?

  3. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Non apoio ningún tipo tipo de violencia. Creo na solución pacífica dos conflitos por medios políticos. Amigo Carlos: o demais é enredar.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    D.Carlos: deixese de lerias e digao claramente, home, que non lle pasa nada por decilo: vostede é un sionista convencido e ten o corazon ledo e bricadeiro vendo as crianzas palestinas masacradas-
    Si, xa sei, eu e o resto da humanidade estamos manipulados e non vemos o que si ve vostede e os seus amigos sionistas : unha resposta a un ataque por parte dos malos fundamentalista que para mas inri mataron a outros palestinos e parece que caiu unha sionista que pasaba por ali, por iso, alabado sexa Yabe ou como lle chamen, hai que utilizar aviones de caza e tanques contra unha población indefensa e sometida a un olocausto continuado e co seu benepracito. Pero non se preocupe, os sionistas continuaran co seu rexime democratico e seguiran “defendendose” porque son os amos do mundo, meuciño.

  5. Anónimo
    Anónimo Dice:

    Quero felicitar a Carlos: resulta complicado meter máis demagoxia e manipulación en tres liñas de texto. Creo que o seu éxito radica na sabia utilización dos adverbios. “Cegamente” é sinxelamente brillante. Bravo, Carlos, bravo.

    Non lle vou preguntar se apoia vostede cegamente o terrorismo de estado efectuado por estados fascistas (sionismo = fascismo xudeu), porque salta á vista, é dicir, que xa sabemos todos a resposta.

  6. Anonymous
    Anonymous Dice:

    K eu sepa o estado de israel e unha democracia.Para min son mais “fascistas” os de Hamas, ahi nadie elixe a ninguen
    Non me caen moi ben os xudeos, pero non son antisemita.
    Carlos opina como todo o mundo opina, eu vexo mais manipulacion nas “dobres morais” de tachar a uns de bos e a outros de malos.
    E unha guerra entre Hamas e Israel.
    Ogallá se encontre unha solucion a ese conflito, pero cos radicais de ambos bandos vai a ser dificil.
    A.Coruñes

  7. Anónimo
    Anónimo Dice:

    Ningún país que asasina con aviación a 300 (de momento) civiles indefensos pode ser calificado de “democracia”. Tamén Hitler chegou ao poder polas urnas e non creo que ninguén hoxe en día diga que a democracia alemá combatía aos fascistas xudeus que pretendían acabar co seu goberno.

    Hamas, como a insurxencia iraquí e como Al Quaeda son un produto do terror e da agresión, non confundamos os termos. Ninguén está de acordo coa súa visión totalitaria, pero son as cousas que pasan cando machacas ás persoas e non lles deixas máis saída que a loita armada. Que deberían facer os palestinos? Agardar no campo de refuxiados a que os exterminen?

    Apostar pola desaparición do Estado de Israel non ten nada que ver co antisemitismo, non é unha cuestión racial (semitas tamén son os árabes). Por se non os sabías hai xudeus, e mesmo rabinos que apoian a desaparición dun Estado terrorista. Se houbese un novo estado cristián (un segundo Reino de Xerusalén) tamén habería que acabar con el, porque non representa a diversidade da poboación e nin sequera á súa maioría (que é árabe musulmana).

    Non sei o que son as dobres morais. A única moral que entendo é a que di que asasinar a 300 civiles é unha masacre inxustificada, da que o resto do mundo é cómplice silencioso. Despois de invadir Iraq por unha supostas armas que nunca apareceron é incomprensible que Occidente se quede de brazos cruzados ante isto.

  8. aurora
    aurora Dice:

    Era un lugar de almacenamiento de misiles

    Atacan la mezquita del terror

    Tzáhal confirmó que el miércoles por la tarde aviones de la Fuerza Aérea bombardearon una mezquita en el oeste de la ciudad de Gaza.
    Funcionarios de seguridad comentaron que la mezquita fue utilizada por los terroristas como un lugar de almacenamiento de misiles y materiales explosivos. El Ejército dijo que las células palestinas de lanzadores de cohetes contra Israel estaban disparando desde la dicho edificio y lugares cercanos.
    Poco tiempo después del ataque de los aviones de combate, más explosiones se escucharon en la mezquita, al parecer como consecuencia de la voladura de explosivos.
    En los últimos días, el Ejército vigilaba de cerca los movimientos en la mezquita y descubrió que era utilizado como escondite in situ por miembros de Hamás, desde donde disparaban cohetes contra las comunidades del sur.
    El ataque contra la mezquita se llevó a cabo en línea con la autorización legal proporcionada por los militares expertos en derecho internacional. El Juez abogado, general Avichai Mandelblith, aprobó el ataque contra los sitios utilizados para actividades terroristas, aunque se encuentren situados en lugares sagrados o sensibles.
    Poco tiempo antes, la Fuerza Aérea atacó un depósito de municiones en la zona de Jan Yunis, donde un funcionario superior de Jihad Islámica que participaba en los ataques con cohetes se refugiaba. Amar Abu Alula estuvo involucrado en operaciones de terror y la mejora de la capacidad de los cohetes del grupo

    http://www.aurora-israel.co.il/articulos/israel/Conflicto/18346/

  9. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Non hai motivos para crer que a información dada polas forzas armadas dun estado sobre unha zona na que se acaba de expulsar aos xornalistas e observadores internacionais sexan certas. De feito, non teñen a menor credibilidade, xa que non poden ser contrastadas cunha fonte fiable.

    Non caedes na conta de que isto é inxustificable, que vos estades poñendo á altura dos estados terroristas que asolaron Europa no século XX. E todos estes datos que deixades na rede quedaran como testemuñas da vosa complicidade, do mesmo xeito que ficou testemuña dos alemáns que pretenderon xustificar a masacre dos campos dende a fin da guerra ata hoxe. Non tedes a razón, non a teredes nunca, soamente tedes as armas e a forza,

Los comentarios están desactivados.