Onte 814: Seis de nadal
A xornada de onte non foi só á efeméride da aprobación da Constitución, a peza xurídica da restauración monárquica xoancarlista. O seis de nadal os nacionalistas galegos celebramos a fundación do Partido Galeguista tras a VII Asemblea Nacionalista organizada no salón de festas do Hotel Madrid da cidade do Lérez polo Partido Galeguista de Pontevedra. Unha asemblea constituínte decisiva na que os trinta e dous grupos e irmandades presentes acordaron a disolución das Irmandades da Fala e a integración dos seus membros no novo partido; ademais de reclamar, por vez primeira na nosa historia, o dereito de autodeterminación e a redacción dun Estatuto de Autonomía para Galicia. Seis de nadal, unha data galeguista para non esquecer no «labor de acadar os dereitos de Galicia e facer dela un país próspero e glorioso».
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir