Xosé Carlos Sierra Rodríguez, novo secretario xeral da Consellaria de Cultura
A menos de cinco meses de rematar a lexislatura, hoxe foi cesado como secretario xeral da Consellaría de Cultura e Deporte Carlos Alberto Amoedo Souto e nomeado para este cargo Xosé Carlos Sierra Rodríguez, até hoxe delegado da mesma consellaría en Ourense. Fóra dalgunhas especulacións e das asépticas informacións de GZ, EFE, ANT e culturagalega.org, non atopamos aínda outras interpretacións nos medios electrónicos sobre as razóns destas importantes mudanzas.
Actualización (20:47): información de AGN en Galiciae.
Actualización (09-11-2008): a crónica política semanal de Anxo Lugilde en Galiciae proporciona claves suficientes para entender as razóns destas mudanzas.
A politica e moi rastreira.E o poder, e os cartos, fan estragos, BNG inculido
A.Coruñes
Foi un cese realmente sorprendente que deixou aos técnicos da consallería autenticamente fóra de xogo.
Saúdos desde INICIARTE
http://artenoafonsox.blogspot.com/