E chegou Aguas de Mondariz

Afeitos como estamos a contar cunha polémica sobre a lingua cada semana, á cola do documento do Club Financeiro de Vigo, aparece agora o pronunciamento particular sobre o tema da empresa Aguas de Mondariz. No portal de AGAL pode lerse a correspondencia electrónica intercambiada entre responsables desta empresa e consumidores que solicitan información arredor da cuestión do uso da nosa lingua.
Fóra dos repetidos argumentos do documento do Club Financieiro (imposición do galego, dos problemas de recrutar profesionais entre 30 e 40 anos con familia… ) o fulcral do pronunciamento da centenaria empresa de augas radica en apostar polo inglés como segunda lingua: “[…] hasta los chinos pra comunicarse con el mundo la utilizan”. Unha vez máis, vencidos polos prexuízos, considérase que o galego non é unha lingua universal e que o seu uso é incompatible co aprendizaxe doutras linguas estranxeiras. Con todo, o documento conclúe expresando que a empresa continuará patrocinando e apoiando “a cultura gallega organizando eventos de literatura, teatro,música, etc, con la finalidad de promover el galego como una fuente de riqueza cultural, magia inspiracional y de melodía poética“, ao tempo que proporcionando unha xanela compasiva co futuro do noso idioma: “La tradición y la propia gente es lo que lo ha preservado y preservará esta mágica y hermosa lengua”. Todos os tópicos e prexuízos sobre a nosa lingua e a nosa cultura metidos nunha botella.

Sobre a polémica do documento do Club Financieiro continúan aprecendo textos moi interesantes. Aconsello a lectura da carta aberta de Xabier P. Docampo, o divertido artigo de Ánxel Vence no suplemento Estela de Faro de Vigo (non se pode acceder directamente na rede) e a anotación de Mario.

11 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Excelente Anxel Vence! E xa sabemos, Cabreiroa igual é unha auga mineral tan boa coma a da billa!

    Sobre AGAL: é curioso que os argumentos de “internacionalización” empregados ora polos “empresarios” ora por “Aguas” de Mondariz son os mesmos empregado por unha parte importante do reintegracionismo con respecto a norma ILG-RAG no tocante ao seu futuro neste mundo globalizado… curioso, curioso…

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Vivindo nun pais libre como vivimos, e o normal k cada un opine como keira.O raro sería o pensamento unico.Eu penso k temos k aprender a vivir co galego e o castelan, non keda outra.E k sexa por moitos anos
    A.Coruñes

  3. Danilo
    Danilo Dice:

    O maior problema, creo, e que hai moita xente, máis da que ás veces cremos, á que o argumento de Mondariz convencerá, e mesmo lle parecerá unha empresa defensora da nosa cultura e da nosa “máxica” lingua. Cando falamos dunha proxección da cultura galega cara ao exterior deberiamos pensar se non sería máis lóxico comezar cunha proxección interna, desmitificando a cultura da lingua agarimosa por unha lingua moderna e de futuro. Ben, creo que é algo que todos sabemos. En canto ao caso das augas quizais estaría ben averiguar cantos cartos públicos levaron nos últimos anos por promocionar a nosa máxica lingua…

  4. igor
    igor Dice:

    Anónimo 1:
    o curioso é que qualquer motivo seja bom para criticar o reintegracionismo, mesmo ser o movimento que fai pública esta postura de mondariz… curioso, curioso até onde chega a teima anti-reintegracionista de alguns…
    Porque, por falar de cousas curiosas, haveria que pensar se todos estes anos, já mais de 20, de Normativa e Discurso Único Oficial ILG-RAG nom terám algumha cousa que ver com o feito de que, a dia de hoje, no tema da língua, estejamos como há vinte anos: soportando ataques de cavernícolas, e constamente à defensiva, e sem chegar nunca ao momento oportuno para passar à ofensiva.
    Provavelmente, também tantos anos de “bilingüismo harmónico” tiverom mais conseqüências das que pensavamos.

  5. Anonymous
    Anonymous Dice:

    anonimo 1 diz:
    xa, entón, coa normativa AGAL que nin é portugués padrón nin é a ILG-RAG non pasaría o que pasa?

    Curioso que as críticas dun bando utilicen os mesmos argumentos cós reitegracionistas porque, no canto de tirar todos do carro, uns levan 30 anos turrando del….
    O complexo de inferioridade é o mesmo co castelán que co portugués!
    E xa sabe o que quero dicir….

  6. apicultor
    apicultor Dice:

    Nas dúas últimas intervencións compróbase empiricamente un dos problemas que soportou e soporta a lingua galega. Que, en efecto, esteamos como hai vinte anos.

    Non, non son só o Club Finaciero de Vigo e Aguas de Mondariz. Tamén, tamén somos nós. E así nos vai.

  7. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Perdón por no escribir en gallego, soy catalán. Sólo querría darles mi apoyo si piensan boicotear a esa empresa, y que como catalán, siento vergüenza de que pertenezca al grupo Vichy Catalán y sigan con esa política de empresa antediluviana.

  8. Júlio Medela de Lobeira
    Júlio Medela de Lobeira Dice:

    O señor Apicultor ten toda a razón. Excusamos campañas contra tal ou cal firma, cando o problema, como el indica, está en NÓS.
    Cumprimentos para o sr. propietario deste interesante blog e para o vello coñecido cibernético, o sr. Apicultor

Los comentarios están desactivados.