"Unha lectora nada común"

Una lectora nada común, a noveliña de Alan Bennet, é unha fábula coa que me divertin un pedazo. Qué sucedería se os políticos, neste caso a raíña Sabela de Inglaterra, se convertesen en lectores voraces? Esta comedia sen grandes pretensións propón unha reflexión sobre o poder subersivo dos libros literarios, da lectura e da escritura, e, en xeral, de todas as artes. Inevitable imaxinar qué sucedería se os nosos políticos adoptasen un comportamento semellante. Un texto de ficción interesante sobre o valor da lectura. Recoméndoa, lese nunhas poucas horas. Unha lectura suave de verán.

5 comentarios
  1. Manuel L. Rodrigues
    Manuel L. Rodrigues Dice:

    Moi boas. Acabo de toparme con este blog, buscando entre o blogomillo e levei unha grata sorpresa. Andararei mais a muiudo por acá. No referente ao libro, haberá que telo en conta para vindeiras lecturas.

    Un saúdo.

  2. Señor Negro
    Señor Negro Dice:

    Ten boa pinta.
    Faime moita gracia a expresión: blogomillo. Jajaja. Acabo de topar con este blog e vexo que ten cousas moi interesantes.
    ¡Ánimo!
    Unha aperta dende Mandril.
    (Joder sérveme ademais para prácticar o galego)

  3. Sigrid
    Sigrid Dice:

    Efectivamente, a lectura é sempre un acto subversivo…e senón podedes ver na páxina 60, cando a raíña empeza o seu discurso de Nadal co primeiro parágrafo de “Historia de dúas cidades”(“Era o mellor dos tempos, era o peor dos tempos…”) Moita mala baba nesta novela, coma as referencias a literatura inglesa contemporánea…absolutamente deliciosa.

Los comentarios están desactivados.