Kamel Ghilas, novo dianteiro do Celta
Procedente do Vitoria Guimarães chega ao Celta Kamel Fhati Ghilas, un atacante versátil (principalmente de banda esquerda) internacional arxeliano con pasaporte francés. Ghilas xogou tres tempadas na liga francesa co Cannes e logo pasou á liga portuguesa. O máis sorprendente é que parece estivo na axenda do Arsenal de Wenger. Alguén pode explicar como é posible que un xogador polo que na primavera pasada se pedían 1,75 millóns de libras polo seu traspaso, cun equipo clasificado para a previa da Champions pode chegar libre ao Celta da concursal e fichar por tres anos? Semella cousa de meigas. No vídeo poden verse algúns dos seus goles co “Eurovitoria”: “tres preciosos tantos” para o locutor portugués. Semella unha boa fichaxe este compatriota de Zidane. Ghilas (autodenominado “o fenómeno alxerino”) ten aberto este blog.
Ayyy D.Manuel, canto boto de menos akeles derbys selta-depor.A ver si pa a prox. tempada amañase, e nos vemos as caras en primeira.
A. coruñes
O mesmo digo.