Sendeiro rural de Galicia

Paco Armada acaba de abrir un blog dedicado ao GR.94, o sendeiro rural de Galicia, homologado pola Federación Galega de Montañismo. Seguindo este vieiro para camiñantes, perfectamente sinalizado, pódese chegar de Vigo a Compostela sen pisar o asfalto. Recomendo a visita a este novo espazo web, onde Armada pretende ir informando sobre os contidos do libro de título homónimo que acabamos de poñer nas librarías. Armada acomete agora outro dos seus proxectos máis queridos: a rota do Miño, dende A Pastoriza á Guarda.

Etiquetas:
1 comentario
  1. occam
    occam Dice:

    Son un camiñante e cliente deste tipo de guías e celebro moitísimo estas edicións. Noraboa, pois e ánimo para continuar por este “sendeiro” editorial

Los comentarios están desactivados.