Xabier P. Docampo
Mágoa que non poidamos acompañar hoxe ao noso ben querido Xabier Puente Docampo na merecidísima homenaxe que lle rende o Salón do Libro de Pontevedra. Xabier leva feita unha contribución monumental ás nosas letras e ao noso afán colectivo de conformación dun criterio literario nos lectores de todas idades, que non se pode pagar cunhas poucas palabras. A súa concepción da narración, oral ou escrita (que no seu caso tanto ten, unha cousa coma a outra) como o máis sublime acto de amor, transforma cada un dos seus textos, sometidos a un proceso de depuración que acada cotas de auténtico delirio, en alfaias de emoción que permiten desvelar todas as marxes da condición humana. Ademais, Xabier é un animador educativo e cultural teimudo de creatividade desbordada (velaí o seu máis recente proxecto), e, sobre todo, unha persoa cabal na que poder espellarse como ser humano. Hai máis importantes razóns para abenzoalo? Beizóns, mestre! Con todos os abrazos.
Sabía da súa afección polas campás repoludas,polas chaves no fondo do mar…Así que tamén lle van “as velux”! Outro abrazo virtual a ese hook (ou será con ele!)narrativo!!