Efemérides 2008
Oportunísima esta anotación do Máis alá de Vieiros recollendo o calendario de efemérides literarias e eventos culturais galegos para este 2008. Ademais do ano de don Xosé María, convén non esquecer o cincuentenario do pasamento do poeta Luis Pimentel e o corenta aniversario de Voces Ceibes e do 68 compostelán. Teremos oportunidade de falar aquí de todas elas.
Etiquetas: Efemérides
Hola!
o certo é q cheguei aquí de casualidade mirando información por ahí do día das letras galegas deste ano… e tiña unha dúbida… se me puideses resolvela… quería saber se Xosé María Blázquez escribira algo de teatro… que vexo que non, xa que non atopo nada de teatro…
Moitas grazas e encántame o teu blog.
Xosé María escribiu teatro en castelán. En concreto, en 1947 estreou dúas obras: unha no teatro garcía Barbón de Vigo “El zapato de cristal. Cuento escenificado” e outra no Teatro Jovellanos de Xixón, “Los pazos altivos. Comedia en tres actos” (en verso). As dúas foron escritas en colaboración co seu irmán Emilio. Non coñezo outras referencias teatrais de don Xosé María. Penso que permanecen inéditas.
Mira, ao final vou comezar eu tamén a usar este espazo para consultar dúbidas 😉
Non caera que é o aniversario redondo daquel Abril que se adiantou ao Maio.
¿Cómo se descobre un talento? Hai quen di que a rede facilita as ligazóns e deixa fluir o talento ata recodos aos que doutro xeito non chegaría. ¿Pero e se non chega sempre a cada recuncho virtual? Entón embotellámolo e enviamos mostras gratuitas (¿ou non era ista outra das funcións da vida en rede?)
Esta botella contén:
http://www.cafedasletras.blogspot.com/