IV Simposio o Libro e a lectura

Anúnciase a celebración do IV Simposio O Libro e a Lectura, organizado pola Asociación Galega de Editores, os vindeiros 15 e 16 de novembro. Versará sobre tan interesante e polémica cuestión como é “Libro e Mercado“.
Etiquetas:
4 comentarios
  1. pregunta
    pregunta Dice:

    creo que non falo só por min cando digo que me interesa o que Brétemas opina sobre todo o asunto que está pasar con Iolanda Castaño e os Aduaneiros sem fronteiras. xa que cubriu vostede o de El Jueves, sería interesante unha opinión sobre esta nova que afecta directamente ós internautas galegos e á liberdade de expresión dos humoristas gráficos do país.

    pd: o asunto é que non só pediu retirada dos posibles comentarios inxuriosos á súa persoa, senón tamén á propia viñeta da mariquiña.

    grazas.

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Lamento, mais descoñecía a polémica, xa que levo varios días moi apurado. Enterareime. En todo caso, creo na liberdade de expresión dos humoristas gráficos, como de todos os cidadáns. Faise difícil crer que a viñeta (que si coñezo) de Aduaneiros poida ser considerada inxuriosa; cousa ben diferente son algúns comentarios que non podo mais que lamentar. Non é un bo camiño para as internautas encher o blog desas trapalladas.

  3. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Despois de informarme en varios sitios sobre a cuestión, paréceme tristísimo que Aduaneiros se vise obrigado a pechar o seu site. Reitero que a viñeta non me parece inxuriosa. Esta polémica é de tolos, aínda que amosa que o blogomillo se vai homologando a outras comunidades virtuais: xa temos polémicas paraxudiciais! Agardemos que Iolanda teña un pouco de sentidiño do humor. Estas diferenzas poderían arranxarse de forma máis elegante que por medio dun comunicado dun avogado.

Los comentarios están desactivados.