Onte 458: Celta inofensivo
Apenas un fallo de Túñez, que non chegou por pouquichiño a un centro dende a esquerda de Ibai, abondou para que Aduriz marcase a pracer e o Atlethic gañase ao Celta na súa visita á Catedral. A pesar de que na segunda parte controlou todo o xogo, na práctica o Celta amosouse inofensivo, romo diante da portaría de Gorka, consolidando a súa sona de equipo simpático polo seu xogo académico («boas sensacións» chámaas Paco Herrera), acollido con agarimo na maior parte dos estadios, mais ao que non é tan difícil superar. Onte nin a mobilidade de Aspas nin o posicionamento xerárquico de Oubiña abondaron para nivelar un partido no que os bilbaínos se conformaron, durante unha hora, por defender a súa mínima vantaxe. Tras un terzo do campionato, os equipos galegos ocupan na táboa posicións de moito perigo, amosando ambos os dous unha preocupante endeblez competitiva, sobre todo fóra da casa. A este Celta tan inofensivo viríalle como anel contar cun émulo de Falcao.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir