Fotografías panorámicas

A rede atesoura algunhas posibilidades artísticas que quizais nunca chegamos nin a imaxinar. O blog do arxentino Juan Gallo (un dos máis suxestivos e sorprendentes que visito) presentaba onte unha fotografía panorámica do río Nilo que, nunha imaxe única e sen saltos, percorre 81,29 km dunha das súas beiras. Grazas a este procedemento podemos asistir na nosa pantalla a esta longa viaxe que comeza de madrugada e remata ao solpor.
A fotografía, titulada “The Nile Studies – Sketches and visual notes of the Nile River”, foi realizada por Michael Aschauer, autor tamén doutra experiencia semellante no río Danubio, que fora presentada en Artech 2006, a Terceira Conferencia Internacional de Arte Dixital e Electrónica, celebrada en Pontevedra en novembro de 2006 (e da que non tiñamos aínda noticia).

Ver as fotografías:

Etiquetas:
1 comentario

Los comentarios están desactivados.