Índice de lectura: seguimos penúltimos
Segundo o máis recente Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros en 2006, Galicia continúa nas últimas posicións entre as Comunidades Autónomaas, a pesar de que no último ano (coincide co primeiro do goberno bipartito) aumentou en catro puntos o seu índice lector que pasa a constituír o 53% da súa poboación. No entanto, no período 2004-2006, a porcentaxe de persoas lectoras en Galicia sitúase no 51%, na antepenúltima posición das CC.AA. (só superamos a Estremadura) e aínda moi lonxe do 56% da media española e do 65% da Comunidade de Madrid ou do 59% de Navarra e da Rioxa, as tres comunidades máis lectoras. Saír do faroliño vermello da indixencia lectora é un acicate para continuar o proceso de recuperación que precisamos neste eido. Hoxe celebramos que demos un paso adiante (catro puntos), unha boa noticia.
Permítame felicitalo polas súas precisas verbas de hoxe pola mañá na súa primeira intervención en “Galicia primeira hora” da Radio Galega na que lle pedía á sociedade que apoiara “esa actividade solitaria que proporciona pracer”.
O peor de todo é que deses pocos libros que se mercan ¿cantos se leen e cantos quedan abandoados en estanterías?