Ostedijk

Sabemos qué está pasando nese barco? É a situación máis grave do que se nos está contando? Non había un protocolo sobre zonas de abrigo para unha situación coma este? Lévome facendo estas preguntas ao longo da tarde e non lle atopo moitas respostas razoables. Aínda que non estamos polo momento diante dunha catástrofe ecolóxica, a situación errática do Ostedijk vai collendo demasiadas semellanzas co pesadelo do Prestige; razón pola que non serei eu quen propoña qué se debe facer co barco, xa que para iso están os responsables técnicos e os especialistas para determinalo.
Sexa como for, algunhas conclusións das informacións recadadas xa se poden irse tirando:

  1. O mercante holandés non estaba, segundo algúns técnicos, a pesar de contra só cun ano de vida, suficientemente preparado para transportar esa carga perigosa. Xa dóra retido en Francia durante sete días por mor de trinta e unha deficiencias.
  2. O accidente produciuse por un erro humano xa que despois de agotado o gasóleo, os responsables do barco puxeron en funcionamento o abastecemento de fuel (que cómpre quentar), razón pola que as tuberías (que non estaban ailladas termicamente) queceron as chapas e provocaron que o fertilizante comezase a descompoñerse.
  3. É evidente que despois de catro anos e medio da crise do Prestige, non estamos aínda preparados para xestionar outra catástrofe marítima. É certo que contamos cun buque potente de salvamento marítimo e de loita anticontaminación, mais non posuímos un protocolo sobre portos refuxio e zonas de abrigo. Os responsables do comité de crise, saben o qué han facer?
  4. O problema principal da costa galega é o tráfico intenso de barcos perigosos pola autoestrada do mar que conforma a nosa fachada atlántica. A lexislación europea aínda é moi permisiva (a diferenza da estadounidense) con este tipo de embarcacións, auténticas bombas no mar.
  5. A política informativa (a pesar de contar o comité de crise cunha única portavoz, o que supón un adianto) non está sendo o suficientemente puntual, transparente e comprensible para a cidadanía. A utilización de xeralizacións e eufemismos (“os gases non son tóxicos, senón irritantes”, o que quere dicir que son inflamantes; “o rumbo non foi errático, senón que a dirección do mercante sufriu variacións”…) non é o mellor xeito de evitar a alarma social e a conmoción que un acontecemento deste tipo provoca.
  6. Cómpre agardar en que amaine o temporal e confiar no bo facer dos técnicos (a situación pode alongarse varias semanas)?

Confiemos que a do Ostedik só sexa un pesadelo de entroido e a inevitable dose de catástrofe na nosa costa que, mentres non mude a lexislación europea sobre transposrte marítimo, nos toca sufrir cada certo tempo.

Etiquetas: ,
7 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Dende que comezou este novo pesadelo, non deixo de pensar que de novas estamos onde non debíamos, grazas a pouca conciencia e escaso compromiso político dos nosos gobernantes, para nos defender das catástrofes do mar.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    A lexislación europea aínda é moi permisiva (a diferenza da estadounidense) con este tipo de embarcacións, auténticas bombas no mar.

    E seguirao sendo mentras o obxectivo sexa protexer as grandes economías europeas a costa do medio ambente, sobre todo se o que está en xogo é a terra dos que aghachan a cabeza e emigran en canto hai problemas. Esta é a Uropa dos capitais, onde se nos venden as vaquiñas da solidariedade (=procura de novos mercados), internacionalismo (máis do mesmo), multiculturalidade (again mercados) e un ecoloxismo de mesa camilla que a algúns xa non nos convence.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    unha tipa en plan chulesco que nunca se vira no telexornal sae dicindo que non poden actuar xa que non lles compete porque segundo “eles” non hai risco… téno que haber, ténse que producir unha catástrofe cando xa non hai remedio para actuar??
    que tipo de lexislación é esa????

    outro “experto” hai un par de días dicía que no caso catastrófico que se vertera o tinglao o único que pasaría é que crecerían no sitio as algas.
    ????????
    que tipo de experto é ese?????

  4. cocerelho
    cocerelho Dice:

    E o BNG anda desaparecido. Já passara algo parecido durante a crise dos incéndios forestais. Sinto-me cada vez mais defraudado. Espero que polo menos quando todo isto acabe abram um processo de debate e exijam a transferência de compentências e de soluções para um problema que já se está a tornar numha cena surrealista. Mas com força e sem medo de chatear o PSOE como sempre fam (excepto quando o que está em jogo é a correcta interpretaçom do nosso Hino).

  5. Anonymous
    Anonymous Dice:

    cocerelho: xa sabia eu que estábades tardando en votarlle a culpa o bng. Claro, meu, a culpa é do nacionalismo galego, como non nos demos conta antes…Fala co teu amigo Romeu e votar unhas risas.

  6. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Xa estamos na mesma de sempre, outro barco mais a tocar as narices. Hasta cando imos a estar asi? esto non é como o do prestige, esto non se pode limpar esta no ar. Son horas de irse metendo as pilas con este tema e cando digo o de meterse as pilas me refiro a empezar por propor una lexislacion mais dura contra este tipo de barcos, pareceme demasiado xa que levemos unha chea de accidentes de este tipo e sigamos casi igual que o principio.

    O artigo é moi bo.

    Un bico para todos.

Los comentarios están desactivados.