Jaureguizar
Onte presentamos en Santiago A Cova das Vacas Mortas, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Xa podemos anunciar que o 5 de marzo, ás 17:00 horas haberá un encontro de blogueiros nas instalacións de Xerais en Vigo para presentar a páxina web da novela e para debater co seu autor. Quen queira participar, prego mo comunique por correo electrónico.
Participantes na presentación A Cova das Vacas Mortas, Vigo, 5 de marzo (quen queira apuntarse, facelo en bretemas@gmail.com):
Etiquetas: Jaureguizar
Van gravar a presentación?
Eu apúntome
A nosa intención é gravar a presentación é subir á rede uns cantos minutos.
oes, manoliño, a ver se lle preguntas ao iconoclasta cómo é que ría tanto no xantar do outro día entre xornalistas + fernando salgado. ou dito doutra forma: por que non ría nada agás cando o salgado facía unha broma.
broma parece, iconoclasta no es…
Certo que a cara do cronista que comenta esa xuntanza era de estarse aburrindo, pero, mirándoa, non descubrín ese amargor que amosa. ¿Amólalle que dous vellos compañeiros de traballo rían lembrando anécdotas? Pois xúntese connosco a vindeira volta.