Onte 276: Rescate (para as palabras)

Rajoy pretende evitar a ferro e fariña que os 100.000 millóns do rescate poidan estragarlle a lexislatura. O camiño escollido para evitalo volve ser a utilización perversa do eufemismo, torcendo o valor das palabras. O rescate, unánime para a prensa internacional, convértese para Rajoy e o seu goberno apenas nunha «inxección de liquidez aos bancos en condicións privilexiadas». A solicitude do rescate, considerada polos mercados de débeda como unha claudicación do estado intervido, nas palabras de Rajoy transfórmase nun «éxito do Euro» e nun obxectivo acadado, previsto dentro do plan económico da lexislatura, destinado a promover o crecemento e a creación de emprego. Afirmacións insostibles dende a racionalidade, mais que Rajoy pronuncia con certa vacilación e os altofalantes gobernamentais promoven  sen aparente vergonza. Non fai falta ser Krugman para saber que este rescate aumentará a débeda e incrementará o déficit por mor dos intereses que haberá pagar o Estado. Inevitablemente, chegará a subida do IVE, o endurecemento do calendario de xubilación ou a redución das prestacións de desemprego. Rescatar o significado das palabras é, neste contexto, imprescindible para comezar a desmontaxe desta estratexia de engano. A presenza do presidente no palco polaco, coma seareiro do equipo de Del Bosque, non é unha anécdota menor, xa que para el visualizaría a celebración de semellante «éxito».

1 comentario
  1. Authorhouse
    Authorhouse Dice:

    Grazas por escribir isto. Realmente sinto como se eu sei moito máis sobre iso do que eu fixen antes. O seu blog realmente trouxo algunhas cousas para a luz que eu nunca tería pensado antes de lelo. Ten que seguir iso, eu estou seguro que a maioría da xente acordo que ten un don.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *