Axeonllados


Liberation

Prometinme non postear sobre a noticia; sen embargo, a saturación mediática abafante impídeme non facelo. Os medios mundiais máis influíntes, especialmente as teles públicas, axeonlláronse diante do poder da Igrexa e o seu control do rito e do espectáculo de masas. A pesar da crise do seu cadro de persoal (especialmente en España) que sofre, a Igrexa católica amósase, nestes seus días de gloria, orgullosa da súa capacidade de influenza sobre a maioría dos estados.
Non vou criticar aquí ao papa Wojtyla; quédome coa súa oposición á guerra, o seu respecto para todas as linguas, etnias e pobos e a súa defensa dos dereitos humanos. Sen embargo, escoitando os ditirambos elexiacos do correspondente no Vaticano da televisión pública, pregúntome: u-lo estado laico, ou canto menos aconfesional, ao que todos temos dereito?
Non dubido da importancia para a humanidade da morte deste vixía da tradición e, tampouco, do respecto que merecen as exequias deste velliño entrañable. Sen embargo, todo este espectáculo audiovisual asolagante (rosarios, cánticos e misas retransmitidas en directo), tan coidadosamente improvisado, irrítame profundamente. E o que está por chegar nos vindeiros días
2 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    “Non vou criticar o papa”, non “Non vou criticar ao papa”. 🙂 Hai que coidar máis a lingua, sobre todo os escritores. 🙂

Los comentarios están desactivados.