O Vigo da movida
Os moitos que non puideron acompañar a Siniestro hoxe nos Salesianos poden consolarse con este vídeo sobre aquel Vigo da movida.
Etiquetas: Vigo
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Sempre que falamos da movida viguesa vénme á cabeza aquel libro de Sequeiros “O muro fendido”, magnífica análise sociolóxica das mudanzas ocorridas en Galicia nos últimos trinta anos. Alí Sequeiros explica o agromar da movida en Vigo como unha reacción fronte ao anel rural e tradicional que rodeaba Vigo naquel momento. Xa se sabe, ir máis aló da modernidade para fuxir da sociedade tradicional.