Onte 238: Adianto electoral?
Xabi Blanco aventura no seu primeiro artigo en La Región un adianto electoral para o mes de setembro. Semellaría que volve unha lideira interna semellante á que tiveran Blanco e Touriño, agora protagonizada por Rajoy e Feijóo. Como lle sucedera co Goberno bipartito, o presidente da Xunta preferiría rematar a lexislatura, fronte ao criterio do presidente do Goberno e do propio entorno do partido, especialmente o conselleiro Rueda, de convocar despois do verán. Os durísimos recurtes que sufriremos en 2013, previstos no Plan de Estabilidade (outros 30.000 millóns de euros) agoiran para o PP serias dificultades electorais que aconsellarían a Rajoy impoñerlle ao presidente da Xunta o adianto. Unha tensión que, sen dúbida, deberá resolverse ao longo deste mes. No caso do adianto, terán tempo abondo socialistas e as formacións nacionalistas para organizar unha alternativa verosímil? De conseguilo poderían dar unha boa sorpresa.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir