Comentario de textos
Crónicas do derbi. Un interesante exercicio de comentario de textos.
- Un contragolpe abondoulle ao Celta para levar os tres puntos de Riazor (xornal.com)
- Unha boa “contra” dá o triunfo ao Celta nun derbi espeso (La Voz de Galicia)
- Nené acaba coa racha do Deportivo en Riazor (El Ideal Gallego)
- O Celta gaña ao Caparrós (El Pais).
- Nené decide un “duelo” igualado (EFE)
- O Celta toma Riazor nun contragolpe (ABC)
- Once heroes (Faro de Vigo)
- O Celta repite en Riazor (Atlántico diario)
- Tropezo a pelotazos (La opinión da Coruña).
É posible a mínima obxectividade en cuestións futbolísticas?
Etiquetas: Fútbol
Tes que recoñecer que a obxectividade está en relación directa co número de exemplares que ó día seguinte convén vender. Entre a épica e a sátira, sempre queda unha historieta lixeiramente semellante á realidade.
Aínda que me custe admitilo, fostes mellores. Agora, Balaídos ditará a vinganza.
Dous apuntes:
A Axencia EFE érrase: tan galego é Jonathan coma Oubiña.
Armando Álvarez é dos mellores xornalistas do Faro e un moi bo articulista, coa retranca de Rolland: especialmente recomendables son as súas críticas de television.
sexamos obxectivos: foi unha excepcional victoria. sobre todo se es celtista.
E La Opinión de A Coruña? Alí traballa o mellor cronista da prensa deportiva galega.
Cando fixen a anotación, claro que busquei La Opinión. Sería moi interesante comprobar as diferenzas coa crónica do Faro. Mais o luns, non tiña actualizada a páxina, correspondendo as novas ao domingo.
A crónica que eu lín en EL PAÍS versión impresa ía asinada por un tal forofo Xabier R. Blanco. O “R” agochado do seu apelido debe referirse a Riazor.
En todo caso, debemos prepararnos os celtistas porque mañán abre caderno para Galicia o xornal madrileño: e Xosé Hermida será, segundo as miñas informacións, responsable ben importante da información Deportiva (nunca mellor dito, neste caso). Outro forofo branquiazul. Armando, vai collendo forzas.
Efectivamente, o meu amigo Xosé Hermida é tan gran xornalista como confeso deportivista. Eis un parágrafo antolóxico da súa crónica do derbi:
“Cuando el visitante, como ayer el Celta, prefiere un fútbol más aseado, los partidos derivan en una especie de espejismo. Parece que el rival la toca mejor, que juega con más fluidez y mayor empeño atacante. Pero toda esa apariencia suele diluirse en la banalidad, como le sucedió anoche al equipo de Vázquez. Con el Depor entregado a levantar su empalizada, el Cela dio la impresión de controlar el partido con más envergadura futbolística. El paso del tiempo fue deshaciendo esa sensación. porque la propuesta del Celta se quedó en mera pirotecnia.”
Si (respondo á pregunta), no caso dun derbi se está feita por un periodista checo (váleme calquera outra lonxana nacionalidade) recén aterrizado no país e traído directamente do aeroporto sen saber que partido vai ter que narrar/comentar.
Comento a maiores: eu non penso ler tanto disgusto xD, pero recoñezo que no medio do lameiral futbolístico que vimos o domingo, o Celta é e foi mellor equipo que o meu Deportiviño, aínda que tivese unha proposta tan rácana como a de Caparrós.
E engadir que sigo sen sacarme da cabeza a sensación de estupidez que relaciono con dúas maiorías de presuntos siareiros que non saben entender o deporte e a rivalidade fóra do insulto. Tamén me agrada ver que cada vez somos máis os que calamos -polo menos en Riazor- nos insultos a coro ó Celtiña e ós celtistas. Supoño que chegará un día en que podamos ir a estes partidos sen sensación de medo, nin sequera alá ó fondo. No tocante a agresións, por sorte, foi cousa de rapazolos que xa medrarán e de catro idiotas con traballoso remedio.
Se cadra había que montar unha peña de xente ben levada de ambos equipos que anima, berra e ata se cabrea pero pode comentar o partido nunha conversa agradable. Eu, afortunadamente, sei de varias amistades deportivistas e celtistas que se unirían a ela sen ningún tipo de dúbida.
Saúde e vémonos en Balaídos. A ver se daquela xa xogamos ó fútbol (nós estaremos máis necesitados, paréceme).
PD: Desculpas pola extensión, coma sempre…
Non estaría mal unha peña conxunta…
Como en todo non estaría mal ir xuntos…
Pero é preferible a diferencia por riba das similitudes… digo que se prefire, non que sexa ‘o’ preferible…
O da peña conxunta dábase nos partidos do Celta e máis do Compostela… iso era todo un, era todo o mesmo… Que ben, non?
Querido Miriño:
Non confundamos a coincidencia racional nun futuro máis próspero para Galicia coa converxencia de dúas irracionalidades como é sermos siareiros dunha equipa, dunha cor. Como dicía o grande Montalbán, algunha irracionalidade temos que conservar: ou non?
Xabier r. blanco es celtista, de hecho hizo crónicas del celta durante mucho tiempo en La Voz
Mejor cronista gallego en La Opinión? Si te refieres a Juan L. Cudeiro, hace tiempo que ya dejó de escribir.