Da escola das bolboretas á noite de voraces sombras
A lingua das bolboretas, a película de José Luís Cuerda que recrea textos de ¿Qué me queres amor? é unha película que consegue emocionar, xa que tras os ollos de Monchiño –o Pardal de seis anos que foxe do seu niño familiar da man de don Gregorio, o mestre a piques de se xubilar que lle aprende a importancia do silencio e da lectura– vemos un mundo que se desintegra moralmente, por mor da intolerancia e do fanatismo relixioso. Don Gregorio representa a figura daqueles mestres que foron as verdadeiras luces da República. Mestres, formados na tradición laica da moderna pedagoxía da Institución Libre de Enseñanza e nas ideas educativas do socialismo histórico, que pretendían redimir a súa sociedade pola escola. Con este obxectivo os gobernos progresistas da República realizaron un extraordinario esforzo educativo: crearon milleiros de escolas e formaron a novos profesores nas máis modernas técnicas pedagóxicas da Escola Nova europea. Tentaban deste xeito atallar a lacra do analfabetismo, que en Galicia acadaba unha taxa do 35% de toda a poboación adulta.
Na escola das bolboretas non se pegaba, nin o mestre berraba. Non había vara de vimbio para azoutar a aqueles que non sabían. Moi ó contrario, don Gregorio sempre sorría coa súa cara de sapo e empregaba as súas verbas –agarimosas, sedutoras e entusiastas– coma poderosas lentes que achegaban aquilo que estaba tan lonxe. Verbas lentes que permitían coñecer o tilonorrinco, un paxaro que vivía en Australia e pintaba de cores o seu niño cunha especie de óleo que fabricaba con pigmentos vexetais. Verbas lentes coas que os rapaces descubrían que as patacas e o millo viñeran de América e coas que viaxaban sobre o mapamundi coa mesma fascinación dunha película. Cando don Gregorio se anoxaba, calaba buscando nese silencio prolongado, desacougante, que os seus alumnos sentisen como eles mesmos eran os que debían buscar a solución ao seu conflito. Para don Gregorio a escola tiña que ser obradoiro e xardín, un verdadeiro laboratorio de coñecemento científico e experimental, no que todos agardaban coa mesma ansia a chegada do microscopio que algún día enviarían os responsables do Ministerio de Instrución Pública.
Como outros mestres daquel tempo, organizaba paseos escolares, verdadeiras rotas do descubrimento, para que os alumnos puidesen coñecer horizontes novos dende o Monte Sinaí, e ir na procura do Iris, aquela bolboreta que brillaba fermosísima pousada na lama ou no esterco. Saía con eles para facer unha ensinanza máis intuitiva que os fixese interrogarse sobre o que os rodeaba e eles non coñecían. Velaí a razón de ser da lingua das bolboretas, esa trompa enroscada coma un resorte de reloxo, feliz metáfora de Manuel Rivas sobre a paixón por coñecer e por descubrir, de cómo o saber posúe un poder redentor para as persoas.
A película é crónica do fracaso deste modelo escolar, desta utopía pedagóxica destruída pola barbarie da intransixencia que levou, só en Galicia, a que noventa profesores (segundo o censo máis recente de Xosé Docampo) pagasen coa súa vida polo único feito de ser coma don Gregorio. A lingua das bolboretas é unha homenaxe para eles que forman parte da memoria de todos os educadores progresistas de hoxe. Aquela escola das bolboretas deu paso para o profesorado republicano á noite de voraces sombras.
Os sublevados axiña puxeron fin a esperanza educativa republicana e abriron un período de mortes, encadeamentos, castigos e exilios, que afectaron grave e negativamente aos corpos docentes en toda España e así tamén en Galicia. Desde os primeiros momentos de iniciado o golpe militar, e alí onde triunfaba, púxose en marcha a maquinaria represiva sobre o profesorado, ditándose en pouco tempo distintas medidas sinalando o alcance da depuración de condutas políticas e sociais consideradas punibles polo novo Réxime. Todo o profesorado (e mesmo o alumnado das escolas de maxisterio do curso 1935-36) foi sometido a expedientes de depuración, isto é a expedientes informativos que contemplaban, a través das opinións e escritos de diversos informantes (especialmente do sector eclesiástico), o comportamento político, moral e profesional de cada un no tempo da IIª República. O tipo de cargos sometidos a sanción cubría unha extensa nómina: militancia en organizacións afectas á IIª República, nacionalismo/separatismo catalán, vasco ou galego, simpatías de esquerda, irrelixiosidade, pertenza á masonería, conduta privada inmoral, etc., derivándose do anterior as diversas resolucións: dende a confirmación no cargo, ata posibles sancións que supuxeron o cese total para case 700 profesores galegos (o que para moitos deles supuxo intentar o camiño do exilio cara América ou do exilio interior), para outros tantos a suspensión de emprego parcial ou traslado de localidade e para máis de sesicentos sancións económicas.
Moita peor sorte tiveron os xa citados noventa profesores fusilados en Galicia. En Vigo foi fusilado na tapia de Pereiro, o 27 de agosto de 1936, o mestre José Apolinar Torres, xunto a outras oito persoas, entre as que se atopaban os alcaldes de Lavadores (José Antela Conde) e Vigo (Emilio Martínez Garrido), tres deputados (Enrique Heraclio Botana, tipógrafo, fundador da UGT en Vigo e primeiro alcalde republicano da cidade; Antonio Bilbatúa Zubeldía e Ignacio Seoane Fernández), ademais de dous concelleiros socialistas (o médico Waldo Gil e Ramón González Brunet) e o panadeiro Manuel Rey “O Vilagarcía”.
O 12 de setembro de 1936, o tenente da Garda Civil Francisco Rodríguez González “O Rabioso” e tres falanxistas de Bouzas foron buscar a súa escola a José Vázquez Grela, mestre de Nigrán que foi asasinado polas costas no barrio de Devesa. Severino Crespo, alumno seu, relata así os feitos: “(…) sacárono e metérono
nun coche daqueles antigos e baixaron cara ao cruce, torceron á esquerda e metéronse pola estrada de Camos. Niso a muller baixa correndo as escaleiras e só puido ver o coche como torcía cara ás Angustias, saíu correndo (…) cando chegou preto das Angustias xa se oíron os tiros. Levárono pegado por un carreiro ao cemiterio do Cean e dixéronlle que baixara que o ían levar xunto do cura, así como comezou a andar pegáronlle cinco tiros polas costas, a carón dun carballo”.
Semellante infortunio ocorreu o 15 de setembro de 1936, cando foi paseado o mestre da escola Pública de Coia, Víctor Fráiz Villanueva, comunista, fundador da FETE-UGT de Galicia e profesor de ideas pedagóxicas moi avanzadas como as descritas cando falamos da escola das bolboretas. Outrosí sufriu Antonio Mojón Vázquez, nacido na Cañiza e mestre interino en Asturias, fusilado no Monte do Castro o 31 de outubro de 1936, tras un Consello de Guerra.
Outros mestres asasinados da nosa comarca, dos que só temos constancia documental do seu nome, foron: Xoán Alonso Pérez e X. A. Álvarez Álvarez, os dous de escolas de Arbo; José Cortés, mestre de Goián; Hipólito Gallego Camarero, da escola de Forcadela, Tomiño (fusilado o 4 de agosto de 1936 en Mondariz); Gumersindo Gastiasoro, mestre de Cangas; Vitor Trabazo, mestre de Moaña. Outros dous mestres galeguistas de Rianxo, Manuel Rodríguez Castelao, e Xosé Losada Castelao, ambos os dous curmáns de Castelao, morreron o 24 de abril de 1937 no porto de Vigo cando intentaban fuxir nun bou cara a Francia.
Hoxe, setenta anos depois, pronunciando os seus nomes, estamos exercendo o noso lexítimo dereito á esperanza das luces da República que eles coa súa vida prenderon.

(Extracto da intervención preparada para pronunciar o día 15 de novembro na Semana pola Recuperación da memoria Histórica de Navia)
Etiquetas: República, Educación, Represión, Galicia, Intervencións
A retirada do doutor Honoris Causa a Franco pola USC é un pequeniño paso adiante nesta reparación histórica.
teño a pel de pita. grazas, bret, 😉
que grande facho pra alumear a memoria!!!
Moi fermoso. A Institución Libre de Enseñanza foi a que informou ese sistema educativo republicán. Os liberais e os socialistas ou os socialistas a fuer de liberais. Hoxe son os nacionalistas os que bucean no mundo que pertence á vella tradición socialista.
Grazas mil por este comentario.
Impresionoume bastante o post. Que fácil é esquecer.
Gracias
Este conto de Manuel Rivas é belíssimo. Eu costumava usar a edição portuguesa nas minhas aulas da Universidade Nacional de Timor Lorosae, em Díli. Os jovens adultos timorenses também viveram durante a ocupação indonésia o medo de represálias pelas ideias políticas dos pais, e também passaram por escolas onde os alunos eram vítimas da violência dos professores. O mestre desta história também lhes falava ao coração.