Chegan máis novos títulos do prelo. A novela O club da calceta de María Reimóndez é o máis recente. Velaí o texto que contracuberta que preparamos para presentala:
“Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta,
María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do
Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina”.
A
novela de Reimóndez estará nos anaqueis das librarías a vindeira semana, xunto co
premio de
Ameixeiras e o
libro de relatos de
Solleiro. Tres títulos doutros senllos narradores nacidos despois de 1975. Agardamos que teñan a visibilidade que merecen.
Seguro que a merecen…
Agardo con impaciencia o de Reimóndez, esa calceta remite a aquel percorrido pola condición feminina a través dos escaparates das tendas de Vigo que era Moda Galega, para min unha das mellores e máis novidosas achegas da lírica galega nos últimos tempos, penso que dende o colectivo Ronseltz.
No de Ameixeiras o premio e suficiente motivo amais do meu interese, digamos, persoal.
Un saúdo.
Si, bueno, un multiperspectivismo que te vas pola pata abaixo. Podíamos xuntar toda esa literatura barata que só fala da muller porque non sabe falar doutra cousa; parece que as mulleres só saben escribir sempre o mesmo. Antes adicábanse a facer calceta e agora imprimen as penas en papel. Máis do mesmo. ÚNICA PERSPECTIVA, sobretodo de futuro para a literatura galega.
E por certo, nada orixinal. O mesmo se fixo no século XV co Evanxeo das Rocas. Fácil de atopar. Ed. Olañeta; no estante en Follas Novas. Mirádeo e xa veredes cómo non muda moito a cousa.
Saúdos, lin este libro pola obra de teatro, e buscando en internet datos sobre él atopei outro extranamente similar …. ide a esta web http://www.topbooks.es/libros/EL-CLUB-DE-LOS-VIERNES/124243/978-84-96748-71-2
Alguén sabe algo sobre esta coincidencia?