Onte 1192: O ano sen pantalóns
biografía de Jeff Bezos, na que souben que en Amazon non se utilizan nunca as presentacións en power point, subtituídas por composicións de 1000 palabras e notas de prensa de presentación de produto, metinme con certo escepticismo con El año sin pantalones, no que o xornalista e informático Scott Berkun relata a súa experiencia laboral dun ano como xefe dun dos equipos de Automattic, a empresa que xestiona WordPress.com, onde están aloxados millóns de blogs en todo o mundo. Confeso que o libro superou as miñas expectativas.
Adoito ler cada ano un par de libros de non ficción estadounidenses, dese xénero híbrido tan dificilmente clasificable, entre os manuais de business e as biografías (haxiografías nalgúns casos) de novos triunfadores, que se ofrecen a esgalla nas librarías dos aeroportos. Despois daO máis interesante do libro de Berkun é a testemuña en primeira persoa de quen experimentou un modelo de traballo colaborativo, distribuído e en remoto e despois reflexiona de forma crítica e distanciada sobre as consecuencias que ten para a autonomía, empoderamento e confianza dos traballadores. En Automattic os empregados dos diversos equipos poden traballar onde e como eles queiran (de aí o título do libro) sen apenas utilizar o correo electrónico. A comunicación entre os membros de cada equipo faise por medio de vídeoconferencias en Skype, de textos compartidos en P2 (o sistema de blogueo rápido de WP) e en IRC, a veterana canle de conversa, ademais das catro ou cinco quedadas duns cantos días en diversos lugares do mundo para traballar xuntos de forma presencial. Todos os traballadores sen excepción inician a súa andaina na empresa pasando polo equipo de soporte, atendendo reclamacións e solucionando problemas aos clientes. En definitiva, unha nova cultura do traballo para unha nova relación cos clientes.
A intencionalidade da obra, escrita con inusual vigor narrativo, utilizando os recursos da autoficción, é subliñar que «as empresas progresistas», así as cualifica o autor, deben estar abertas á idea de que a tecnoloxía pode devolver parte do significado do concepto de «traballo» que perdimos: o seu carácter artesán, o de ser unha actividade da que se sintan orgullosas as persoas que a realizan, ou o de considerar as empresas como institucións que contan con valores profundos que perduran no tempo. O que non sería pouco, tal como se van conformando as empresas no entorno actual da devaluación e da perda de dereitos laborais. Un libro de negocios interesante.