Xavier Blanco, a sorpresa dos Premios Xerais
/en Música, Premios, Vídeos, Xerais/por bretemasXavier Blanco, o gaiteiro de Moaña, foi a grande sorpresa do serán dos Xerais 2007. No momento do desembarco, recibiu a todos os convidados tocando dende o outeiro coa dignidade e a elegancia dun gaiteiro de estirpe. Logo, durante o acto literario no Auditorio, interpretou cos seus instrumentos pobres tres temas que foron marcando senllos estoupidos de emoción e entusiasmo entre o público: “Mata o porco Pepa” (vasoira e cazo), “Moendo” (gaita de cana) e “A miña roseira” (tubela, táboa de lavar e dedais). Despois, durante a merenda-romeiría, de forma incansable e durante máis de dúas horas animou a festa, onde moito se cantou e bailou.
Hai tempo que admiramos a Xavier Blanco polo seu virtuosismo, polo seu traballo de investigación e docencia e pola súa destreza de luthier que permite a recuperación da memoria sonora deses instrumentos pobres que deitan a ledicia melancólica dos pasamarrúas interpretados co gaita de cana. O de Blanco é un modelo ben acaído de diálogo da contemporaneidade coa tradición, sen a mistificacións estrafalarias ou oportunismos comerciais. Xavier é un valor musical da nosa mellor música tradicional, que merece ser máis coñecido e valorado.
Vídeo: O blog dos pelachos.
Teresa Moure, discurso nos Premios Xerais 2007
/en Autores, Premios, Vídeos, Xerais/por bretemas"Minimaladas" de Carlos López
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais/por bretemasMinimaladas, a obra de Carlos López galardonada co Premio Merlín 2007, recolle oitenta e catro mini historias protagonizadas por animais, nas que destaca a súa orixinalidade e imaxinación. O xurado nestes textos breves (nalgúns casos apenas catro ou cinco liñas) salienta a súa capacidade para evocar imaxes, valéndose dun emprego lúdico da linguaxe, algunhas interesantes referencias literarias e dun tratamento moi innovador da creación lingüística.
Carlos López Gómez declarou, no momento de recibir o premio Merlín, que baixo o título de Minimaladas reuníu unha gavela de relatos moi breves protagonizados cada un deles por un animal diferente. “Por deformación profesional, dada a miña condición de humorista gráfico en prensa, as narracións comparten o denominador común do humor. Foi divertido escribilas; confío en que sexa divertido lelas”.
Vídeo: O blog dos pelachos.
"Illa Soidade" de An Alfaya
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Vídeos, Xerais/por bretemasIlla Soidade, a obra de An Alfaya gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2007, relata a historia de Lucía quen, nunha viaxe en tren cando vai iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando a súa relación con Soa, unha esmoleira a que coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio.
Para o xurado do Premio Fundación Caixa Galicia “Illa Soidade é unha novela iniciática na que a personalidade da protagonista, Lucía, evoluciona grazas ao contacto con Soa, que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. A obra retrata a indixencia, afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia. Cada unha delas é unha illa chea de historias nas que raras veces somos quen de introducirnos”.
Vídeo: O blog dos pelachos.
"Cardume" de Rexina Vega
/en Autores, Narrativa, Premios, Vídeos, Xerais/por bretemasCardume de Rexina Vega foi a novela gañadora do Premio Xerais 2007. O texto da información que preparamos foi o que reproducimos:
Cardume presenta a historia familiar e persoal dos sobrevivintes a un tempo caótico, doloroso e triste; a un tempo aberto polo eclipse da República e dos seus ideais. A xuízo do xurado do Premio Xerais, faino dunha maneira certeira e sen vitimismo. A novela retrata un Vigo industrial e atlántico, simultaneamente cosmopolita e provinciano, que é crisol de personaxes que evolucionan, que se relacionan e que medran, e que, en definitiva, logran subsistir ás miserias dunha cidade desacougante.
A narradora comeza a relatarnos a historia no espazo murcho e desalentador do cemiterio civil de Pereiró, partindo do presente para evocar a memoria familiar. Dese xeito logra a caracterización dun período de tempo moi longo que retrata boa parte do século XX a través de varias xeracións, soprendéndonos coa recreación de atmosferas políticas, familiares, industriais, culturais, e retratos da emigración daquela época convulsa que deixou unha pegada imborrable nas persoas que a viviron.
O xurado resaltou tamén “a capacidade expresiva da novela a través dunha lingua poética e metafórica que evidencia unha clara vontade estilísitica”. Cardume reivindica a memoria, a insistencia na memoria como conformación da identidade do presente. “Eu só quixera prolongar un pouco máis a permanencia, atrasar o devalo destas vidas menores”, afirma a voz narradora da novela.
Rexina Vega, cando soubo que a súa obra fora premiada, declarou que “esta é unha primeira novela, una primeira novela serodia, que chega cando xa vai fóra a mocidade. Este libro está escrito mentres os nenos, os meus nenos, dormían. Desde que teño uso de razón quixen ser escritora e tardei moito, tanto que crin que ese desexo ía apodrecerme dentro. Quixen probarme por fin na escritura de ficción, liberarme das trabas da eséxe, do saber institucional ao que estaba afeita na escritura da crítica e do ensaio, e deixei, por primeira vez, que a escritura fose algo libre e gozoso, un discurso non vicario”.
Con respecto a novela gañadora definiu Cardume, banco de peixes, como “un álbum de recordos novelados, un libro feito de memoria e de reescritura da memoria. Combinando información e invención, a novela pretende establecer unha autobiografía a través da reconstrución de persoaxes aos que só se coñece por medio dos relatos familiares. Trátase da busca de sentido á propia vida a través da recuperación dos fantasmas do pasado; e tamén da historia da transmisión da memoria dos vellos aos novos, da relación desesperada e urxente entre a vellez e a infancia”.
Rexina Vega é doutora en Filoloxía Románica coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro. Sobre este autor ten publicados numerosos artigos e estudos, entre os que salienta Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación, premio Carballo Calero de investigación. Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universitat Autònoma de Barcelona. Desde este ámbito desenvolveu unha intensa actividade de divulgación da cultura galega na sociedade catalá. Exerceu a crítica teatral na revista El Público e a crítica literaria para, entre outras publicacións, Quimera, Anuario de Estudos Galegos, Grial ou A Nosa Terra. Dentro do eido da lexicografía, ademais da publicación de artigos teóricos no Instituto Cervantes e en actas universitarias, traballou como redactora de numerosos diccionarios bilingües da editorial Larousse e no Diccionario Vox galego-castelán. É premio Sthendal, e finalista do premio nacional de tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro. Responsabilizouse da edición dos artigos ensaísticos de Suso de Toro publicados por Xerais baixo o título Ten que doer. Literatura e identidade. Actualmente é Profesora asociada do departamento de lingua española na Universidade de Vigo e profesora de lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade. Cardume é a primeira incursión na creación literaria desta autora.
Vídeo: O blog dos pelachos.
Premios Xerais: a colleita 2007
/en Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais/por bretemasHoxe son numerosas as primeiras referencias na prensa dixital:
- Faro de Vigo: “Unha filóloga viguesa gañadora dos Xerais“.
- Faro de Vigo: “Rexina Vega: ‘Nunca esperei ter na primeira novela recoñecemento tan alto'”.
- Faro de Vigo: “Carlo López: Ás veces uso o truco de escribir para o neno que eu fun”.
- La Voz de Galicia: “A filóloga Rexina Vega logra o Xerais coa súa primeira novela“.
- La Voz de Galicia: “Rexina Vega: ‘É outra maldita novela sobre a guerra, pero non só'”.
- La Voz de Galicia: “Carlos López: ‘Non é o mesmo literatura infantil que literatura pueril'”.
- El Pais Galicia: “Rexina Vega gana el Xerais contada por una nieta de la Guerra“.
- Galicia hoxe: “Rexina R. Vega gañadora do Premio Xerais de novela con Cardume“.
- El Correo gallego: “A novela Cardume de rexina R. Vega faise co premio Xerais“.
- Vieiros: “Rexina Rodríguez gaña o Xerais cunha novela sobre a guerra civil“.
- Xornal: “Rexina Rodríguez, premio xerais cunha novela sobre a guerra civil“.
- El Ideal Gallego: “Rexina Vega, An Alfaya y Carlos López ganan los Premios Xerais“.
- El Progreso: “Rexina Vega obten o premio xerais de novela con Cardume“.
Días estranhos, O levantador de minas e o blog dos pelachos publicarán crónicas audiovisuais do abondoso material que gravaron.
A Coca rende
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Festas/por bretemasNo artigo da semana propoño a recuperación da festa da Coca como parte do noso patrimonio inmaterial da humanidade. Un esforzo no que deben implicarse as autoridades do goberno de Redondela e da Consellaría de Cultura.
Corina Porro e o BNG
/en Política/por bretemasLendo a entrevista de Corina Porro en El País-Galicia (moi lista a alcaldesa en funcións), algunha persoa con autoridade na agrupación local de Vigo do BNG debería desmentir rotundamente estas palabras:
“El Bloque cedió ante temas de ciudad importantes. Y con él hallamos muchos más puntos de encuentro, de interés de ciudad, pese a no tener nada que ver. Pero la ciudad es gestión, solución de problemas, y en ese espacio me he encontrado con esa afinidad con el Bloque Nacionalista Galego.”
E ollo con estoutras:
“En Vigo, por ejemplo, si hemos apoyado un mismo modelo de ciudad que el BNG, ¿por qué no llegar a un acuerdo con el Bloque? En las ciudades, digo, porque la ciudad es gestión. Otra cosa es un Parlamento, donde intervienen otros conceptos. Pero en una ciudad, donde no se legisla, se gestiona, podemos encontrar ese punto de encuentro. Si sumados BNG y PP representamos al 60% de los ciudadanos, por qué quedarnos en el 48% que tienen ellos. Y que no me vengan con pactos de progreso, porque yo he demostrado ser más progresista que ellos dos juntos.”
E con estas tamén:
“Hay un partido con el que nos une un punto de encuentro crucial, como es el Plan General y el modelo de ciudad, ¿por qué no llegar a acuerdos?”
Imos seguir, ás portas do goberno de coalición coas coitas de sempre?
A vida despois do Xerais
/en Premios, Xerais/por bretemasFaro de Vigo agasállanos no día do fallo dos nosos Premios con esta reportaxe.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.