Novelísima
/en Críticas, Xerais/por bretemasRitmo latino
/en Música/por bretemasTanxarina
/en Teatro/por bretemasLer nas praias
/en Imaxes, Lectura/por bretemas
A caravana de promoción da lectura nas praias, promovida polo Ministerio de Cultura e a Federación de Gremio de Editores de España, resultou un auténtico fiasco en Galicia. O “descoñecemento” máis absoluto da toponimia oficial dos organizadores amosa, outra volta, o fracaso radical e a inutilidade destas campañas, deseñadas e concibidas dende unha óptica centralista tan homoxénea como paternalista. Sería tan difícil que aquí se realizase na nosa lingua e coa participación dos editores galegos? Canta vergonza teriamos así evitado?
Paradoxicamente, o máis recente barómetro sobre hábitos lectores amosa que en Galicia estamos oito puntos por baixo da media de lectura española. Un índice estatístico que amosa a nosa indixencia lectora e fronte ao que ningunha autoridade (nin do goberno central nin tampouco da Xunta de Galicia) semella alarmarse. Cales son as razóns de que os cidadáns galegos padezamos esta perigosa sinistralidade cultural?
Teresa Cristina
/en Música/por bretemas
Onte na Feira, mentres Suso asinaba e asinaba, parrafeei un bo anaco con Pawley. Inevitablemente caimos a comentar as nas nosas querenzas musicais e literarias brasileiras. El recomendoume a Maria Rita e eu non puiden máis que aconsellarlle que abrazase o choriño da Teresa Cristina interpretando ao Paulinho da Viola (un dobre cedé xenial). A moza da Lapa ben merece todo o noso agarimo, a pesar de que os seus discos non se poidan mercar aquí. Hoxe volveremos á Coruña para acompañar a Manolo na súa primeira asinatura (agardamos con impaciencia a publicación da crítica prometida).O PXOM de Vigo atascado
/en Vigo/por bretemasArden os libros
/en Imaxes, Xerais/por bretemasA Feira de Pawley
/en Eventos/por bretemas
Como xa sucedera o pasado ano, un dos maiores atractivos da Feira da Coruña van ser as crónicas de Martin Pawley. Pouco podo engadir á reportaxe que el fixo da primeira xornada, na que participei presentando o primeiro volume das memorias de Neira Vilas.
Antes de iniciar o acto Pepe, que estaba ben animado, contounos que dende hai máis de trinta anos leva un bloc (insistiu no de bloc) onde diariamente recolle aqueles aconteceres e vivencias que considera máis significativos (en definitiva, un bloc analóxico manuscrito), textos que logo, ao remate do ano, transcribe a máquina. Este traballo foi o que permitiu a edición da primeira entrega das memorias que onte presentamos, organizadas a xeito de blog.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Memoria de Enrique Macias4 de Novembro de 2025 - 6:18 a.m.
Folga no ensino29 de Outubro de 2025 - 7:40 a.m.
Novo Mundial para Balaídos?28 de Outubro de 2025 - 9:37 a.m.
Desde Vigo, Galicia como tarefa25 de Outubro de 2025 - 9:44 a.m.
Sempre Aspas25 de Outubro de 2025 - 9:32 a.m.













