17 de maio blog

Hoxe, día de Internet e día internacional contra o homofobia, tamén é día das letras (a pesar que as librarías estean pechadas). Hoxe hai un bo monllo de reflexións no blogomillo. Abusando do metablogueo (perdón ascárida) aí van as que máis me interesaron:

  1. As uvas na solaina (En defensa do día das letras)
  2. Cabaseira (O estado da lingua, grazas pola ilustración)
  3. Galicia confidencial (a pelexa lingüística)
  4. La muralla (un libro, un toxo)
  5. Soños de Delft (Feliz día do libro e do toxo)
  6. Ámote moito (Pescudar o sentido primixenio das palabras…).
Beizóns merecen as iniciativas de La Voz (por fin en galego), a dos podcasts de Vieiros (cada vez máis completiño e máis saboroso), e o discurso valente e reivindicativo do presidente da Academia. Chegada esta xornada sempre teño a sensación melancólica que temos moitas máis posibilidades das que apuramos ao longo do resto do ano. Quedémonos, pois, con este entusiasmo de hoxe.
Etiquetas: , , Galicia
6 comentarios
  1. Libreiro
    Libreiro Dice:

    Estimado Brétemas, algunhas librarías estamos abertas aínda que non se note. Non sei as demáis pero en Librouro temos por costume abrir hoxe non sei se dicir que por romanticismo ou por militancia (desde logo non por facer cartos, ;))

  2. Jan
    Jan Dice:

    Grazas polo teu comentario, ainda que o meu post foi moi breve. Unha pequena lembranza, e un pequeno desexo…nada máis! 😉

  3. SZ
    SZ Dice:

    Agradezo a túa distinción ao incluír o meu blog, pero remátanme de comentar que o link non corresponde, pois hai un erro no enlace, cuestión que che comunico, reiterándoche as grazas.
    Un saúdo

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Com efeito é importante ter uma data para conmemorar a nossa língua na Galiza. É também muito interessante o que se está a fazer para além do institucional por organizações como AGAL e o MDL na chamada temporada das letras que já leva três anos. Convido-vos a participar nela. Parabéns polo blog que leio atentamente sempre que podo.

Los comentarios están desactivados.