Os nosos índices de lectura
No artigo da semana reflexiono sobre os índices de lectura máis recentes dos que dispoñemos. O repunte dos hábitos lectores, o incremento da lectura en galego, a mobilización lectora da mocidade e o importante papel das bibliotecas escolares e do sistema escolar neste proceso son algunhas das cuestiónas abordadas.
¿Non contan como “índices de lectura” ler este blog ou o xornal no que aparece o artigo? ¿Fóra dos libros non hai lectura?
E chama algo máis que a atención que, no informe “Ocio e hábitos culturais dos galegos”citado, non haxa nin unha sóa referencia a Internet.
Amigo Mourullo: sabe que comparto ese criterio sobre a lectura. No artigo insisto no sintagma «índice de lectura de libros». Entendo que a razón pola que o estudo non contempla a lectura e outros usos en Internet é debido a non ser contempladas estas variables na enquisa do INE (a fonte principal deste informe). Cales serían os nosos índices incluída a lectura de pantallas? Cre que escalariamos moitas posicións na sociedade galega?
Compartiremos ese criterio sobre a lectura, pero no artigo parece outra cousa, xa desde o título.
Descoñezo se escalariamos moitas posicións de ter en conta todas as lecturas pero serían datos máis axustados á realidade. E os autores do informe poderían, polo menos, dicir que non poden ter en conta Internet no “ocio e hábitos culturais dos galegos” porque non está na operación estatística que empregan como fonte exclusiva. E, de paso, contar porque non acoden a fontes secundarias.
Por certo, a enquisa “Enquisa de condicións de vida das familias” empregada é do IGE, non do INE (ver nas “notas metodolóxicas” do pdf que linkei antes).