Onte 1785: Presentación mundial de «Marcopola 4« en Banda Deseñada
Non cabía onte unha agulla na Librería Banda Deseñada do Calvario na presentación mundial de Avoa Power, a cuarta entrega do de Marcopola, a serie de cómic infantil de Jacobo Fernández Serrano. Moitos fans da serie acompañaron a un autor que se amosou feliz e desenvolveu unha longuísima e moi fermosa sesión de asinaturas.
Jacobo confesou na sua intervención que «o cómic dá moitas satisfaccións pola alquimia entre debuxos e texto, mais tamén dá moito traballo». Expresou a súa satisfacción por ofrecer «esta serie de cómic infantil que conta xa con catro números, publicada en galego, castelán e catalán, da que prometemos máis entregas e da que por fortuna contamos con público. Un éxito que debemos agradecer». Apoiada nas imaxes, Jacobo explicou o porceso de composición de cada páxina, que conta con tres capas. Detívose, despois, no personaxe da Avoa Power, «un Merlín feminino, capaz de solucionar coa pintura os diversos problemas que lle formula a xente». «A maxia que emprega a pintora ten lugar nas propias páxinas do libro. Non necesitamos no cómic doutros aditamentos. Todo sucede diante do lector. O personaxe contrario é o Tigre, que fai que as cousas desaparezan. O noso traballo como autores é que aparezan cousas, emocións e sentimentos na cabeza dos lectores».
Na quenda de preguntas, HJacobo anunciou que a quinta entrega de Marcopola titularase Pernechas. Confesou que está valorando a posibilidade de preparar unha triloxía arredor do personaxe do Tigre, un ladrón que tamén é un pais de familia, para explicar cales son as razóns polas que rouba.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir