Onte 1227: Centenario de don Xosé María Álvarez Blázquez
Magooume non poder baixar onte á Casa Galega da Cultura para asistir ao acto de celebración do centenario do nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez. Teño reiterado a miña admiración por don Xosé María fose pola súa condición de libreiro e editor de catálogo de espírito innovador, un dos máis relevantes da historia da nosa edición, pola súa actividade investigadora nos eidos da arqueoloxía e literatura galegas, pola súa actividade como poeta e xornalista coma pola súa condición de cronista da cidade de Vigo, autor desa proeza que foi A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo. Tras a homenaxe recibida en 2008 no Día das Letras Galegas, a figura deste galeguista de aceiro e pedra fina merece a nosa saudosa lembranza.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir