Onte 1133: Observatorio Internacional do Libro
Souben onte da creación do Observatorio Internacional do Libro da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Un organismo académico independente, ideado por Sergio Vila-Sanjuan, xornalista cultural de La Vanguardia, e Javier Aparicio, creador do máster de Edición da UPF-IDEC, coa intención de analizar os principais retos do sector editorial nun momento decisivo de tránsito do modelo de comunicación cultural. Un dos seus primeiros labores será o da recompilación dos datos sobre a situación do sector, até agora dispersos, incompletos e pouco fiables.
Lonxe de posicións catastrofistas sobre o futuro do proceso de hibridación editorial ou acríticas de tecnofilia, agradécense estas iniciativas de relfexión e formación capaces de axudar a orientarse no novo camiño. Seguiremos con atención o traballo deste think tank da edición, no que participan editores e todo tipo de axentes (vellos e novos) do sector do libro. Non estaría de máis que nas universidades galegas se seguise con interese este modelo.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir