Onte 107: Tretzevents
Tretzevents, cando en 1973 comezou a depender das Publicacions de L’ Abadia de Montserrat. Coincidindo co seu sexaxésimo aniversario pecha debido, segundo os seus editores, á falta de apoio institucional no marco da crise económica. Tras 903 números, a desaparición da revista en catalán máis antiga (en 2008 tiraba 8.000 exemplares), que chegou a recibir a Creus de Sant Jordi, mesmo cando en Cataluña está en marcha un interesante Plan de Fomento da Lectura, amosa a fraxilidade de todas as publicacións impresas nun entorno global de tránsito entre soportes e a clara desorientación das administracións públicas (mesmo as dun goberno nacionalista como o de Artur Mas) á hora de establecer as súas políticas no eido da cultura e da educación. O Grupo de Traballo de Bibliotecas Infantís e Xuvenís do Colexio Oficial de Bibliotecarios e Documentalistas de Cataluña puxo o dedo na chaga: «La mort de Tretzevents és un símptoma més de la fragilitat a la qual s’exposa la cultura –i especialment la nostra– en contextos com els que estem vivint». A desaparición de Tretzevents non pode agochar que as revistas en catalán teñen, se as comparamos coas nosas publicacións en lingua galega, unha diversidade envexable e unha maior presenza na vida social, profesional e cidadá. Así, no eido das publicacións infantís, os picariños e picariñas cataláns de 0-5 anos (entre as que está a nosa Sabela) contan con Piu-piu e El Tatano; e os maiorciños con Cavall fort (con máis dun milleiro de números, publicados ao longo de 50 anos), publicación nosa de referencia cando soñamos aquel malogrado Golfiño de papel.
Esta publicación infantil en catalán naceu en 1951 co título L’infantil, promovida polo Seminario de Solsona, para mudar ao nome de
I would be grateful if you continue with the quality of what we are doing now with your blog … I really enjoyed it