Onte 1213: Vigo hai trinta anos

A publicación onte de Vigo no Nodo levoume a coñecer outra peza audiovisual recuperada por Beny García, Vigo no ano 1984, un paseo en coche cunha cámara amadora que fixo un tal Teo dende Travesas ao Berbés. Unha viaxe de apenas sete minutos pola memoria próxima, que comeza co documento social dos picariños xitanos da rúa Hispanidade e coa vertixe do tráfico da praza de América, onde se bota en falta a porta granítica maxestosa de Silverio Rivas dialogando coa xeometría trapezoidal do edificio Pernas. A cámara percorre Camelias, coa construción actual xa consolidada, anque identificamos o edificio das teresianas. En Policarpo Sanz, onde os municipais aínda regulan o tráfico, a cámara detense uns segundos na parada da libraría Cervantes, onde retoman a marcha dous vitrasas, na transición entre os vellos pegasos azuis e os novos modelos de cor vermella. Outrosí sucede en Colón, á altura de Cividanes e do cine Fraga, aínda en funcionamento. Tamén ten interese de seu o percorrido pola rúa Carral, baixando por diante da tenda de souvenirs de «La Guía», camiño da piscina do Náutico. A viaxe finaliza no Berbés, onde o coche do cameraman adianta ás »últimas carrexonas» camiño da lonxa. Unha imaxe hoxe incrible. A memoria da mocidade vivificada. Un documento visual que nos axuda a coller perspectiva da nosa vida e racionalizar o autorrelato.

2 comentarios
  1. Xabier Chao Lolo
    Xabier Chao Lolo Dice:

    Meu,anque non son de Vigo, as minhas visitas mais prolongadas á cidade son desa época, fai algo máis dos 30 anos. A transformación é impresionante, pero o que mais me impresiona e que sexamos capaces de falar de FAI 30 ANOS e non se nos move un pelo.

    Responder
  2. Beny García
    Beny García Dice:

    Este es el Vigo que yo recuerdo.. Hace mucho me encontré el video, en realidad eran 3 vídeos, creo recordar, por lo que los uní en uno solo… El agradecimiento es al verdadero autor “Teo” por haberlo subido en su día a alguna página perdida..

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *