Onte 1022: Grazas, mil grazas e un cento

Quentin_BlakeEstou feliz coa concesión do Premio Fernández del Riego de xornalismo en lingua galega. Desque souben a noticia, non teño palabras abondas para agradecer todos os parabéns recibidos de amigos e amigas que tanto me queren. Son moi afortunado. A miña gratitude ha ser tamén para os membros do xurado que escolleron «Illa soidade», un artigo publicado a noiteboa pasada coa intención de denunciar a exclusión que sofren moitos dos nosos veciños e veciñas. A miña gratitude, xaora, para os responsables de Faro de Vigo, que levan trinta anos acollendo os meus textos sempre en galego. Grazas, mil grazas e un cento. Seguimos.

1 comentario
  1. Roberto Pérez Pardo
    Roberto Pérez Pardo Dice:

    Noraboa, Manuel. Alegreime moitísimo cando me enterei da nova dese premio que acabas de gañar. Estiveno lendo e pareceume moi emotivo e moi indicado para preguntarnos sobre o tipo de sociedade que estamos creando.
    Unha aperta moi forte.
    Roberto

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Roberto Pérez Pardo Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *