"Do orixinal ao libro"
Chegaron hoxe os primeiros exemplares Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica. Unha obra importante para o sector profesional do libro en Galicia xa que constitúe o primeiro manual de edición en galego. Presentaremola con motivo do 23 de abril, día internacional do libro e dos dereitos de autor. Beizóns para o autor, o noso amigo o editor e blogueiro, Juan Blanco Valdés.
Elegantísima portada: unha marabilla. Do de dentro haberá tempo de falar, sobre todo se quen o escribe é persoa coma don Juan. A miña noraboa a Xerais.
Obrigado, Arume.
Obrigado, Manolo. Obrigado, Crego. Obrigado, Celia. Obrigado, Chema Gairí. Obrigado, Begoña Tajes. Obrigado, Pepe Martínez de Sousa. Obrigado, …
Todo libro é apenas a punta dun iceberg. O que hai abaixo -moito máis grande- e todo gratitude.