Beleza imperfecta
/en Vigo/por bretemasGustei deste artigo sobre a nova arquitectura de Vigo, que aparece hoxe en Babelia. É alentador que esta mirada desde fóra exprese a beleza estrepitosa ou contraditoria dunha cidade revolcada, que tantas veces temos definido como á da abella da ribeira de xenerosidade escueta e latexo acelerado. Unha páxina xornalística que vale moito máis para a proxección internacional da cidade que esoutra propagandística, enchida de tópicos e nécoras, pola que o equipo de Corina debeu pagar estes días un potosí. Sen dúbida é un bo reclamo turístico ese de cidade de beleza imperfecta. Apuntareino na colección de metáforas viguesas que veño recollendo desde hai anos.
Outro blog sobre Vigo
/en Blogs, Vigo/por bretemasDespois da regata
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasNo artigo da semana reflexiono sobre os problemas municipais en Vigo despois de finalizada a saída da Volvo e as razóns da chamada estratexia 2005 de Corina Porro.
Colapso en Rande
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasNo artigo da semana propoño que non se adíe a solución para eliminar de vez a peaxe de Rande e construír unha autovía alternativa entre Vigo e Pontevedra, polo interior, diante do colapso da actual.
Abrir Vigo ao Mar
/en Arquitectura, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasNo artigo da semana insisto en ir contracorrente. Creo que a insatisfacción polo resultado actual desta actuación urbanística non está no proxecto de Consuegra, senón na falta de sensibilidade e de entendemento, cando non na irresponsabilidade, das tres administracións implicadas, que non foron capaces de finalizalo.
A foto do monumento do semi-polbo xigante corresponde ao magnífico arquivo de Javier Albertos Benayas, que colocou na rede máis de dez mil fotos sobre Vigo.
Premio para "Abrir Vigo ao mar"
/en Arquitectura, Vigo/por bretemasÉ ben extraño que teñamos que saber por El Pais e por outros medios non galegos (os de aquí non se enteraron?) que a intervención “Abrir Vigo ao mar”, deseñada polo arquitecto Guillermo Vázquez Consuegra, foi recoñecida co Premio Arquitectura Española 2005 que concede o Colegio de Arquitectos de España.
A nosa abella da ribeira é unha cidade de xenerosidade escueta (Celso Emilio dixit) e esta intervención sobre o noso borde litoral foi máis criticada aquí como admirada fóra. Aínda que non todos os elementos sexan igualmente axeitados (especialmente desacertado é o edificio da Xunta), creo que o conxunto da intervención de Consuegra pagou a pena porque permitiu abrir algunha xaneliña ao mar (pequena, a verdade) e gañar espazo para os peóns e para o encontro cidadán (gosto moito da praza da Estrela). Mágoa que quede pendente a piscina do Náutico (que debería ser reubicada) e a intervención sobre a Estación Marítima, onde debería situarse o Museo Galego da Emigración. Agardo que este premio merecido contribúa a recuperar o interese de Zona Franca e do Concello por completar estes elementos do proxecto.
Despido
/en Medios, Vigo/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Canteira heroica17 de Maio de 2024 - 11:45 a.m.
- O necesario15 de Maio de 2024 - 10:32 a.m.
- Mil primaveras máis14 de Maio de 2024 - 10:35 a.m.
- Porrúa editor8 de Maio de 2024 - 10:39 a.m.
- Vigo gresítico7 de Maio de 2024 - 10:33 a.m.