Francisco Castro premio Blanco Amor
Beizóns para Francisco Castro.
Teño inmellorables referencias da novela. Xa me prestaría poder lela hoxe mesmo.
Beizóns para Francisco Castro.
Teño inmellorables referencias da novela. Xa me prestaría poder lela hoxe mesmo.
Acollemos con ledicia a noticia da concesión do premio Losada Diéguez de creación 2005 ao último poemario de Ferrín. O xurado definiu a obra como “unha crónica lírico-sarcástica e comprometida co século XX e comezos do XXI na que o autor consigue harmonizar poesía, ficción, profecía e realidade social, cun perfecto equilibrio entre a técnica, a variedade formal e os contidos solidarios coa xente oprimida”. O xurado considerou Contra Maquieiro unha obra “á vez innovadora e experimental, na que o escritor se supera a si mesmo dando un novo exemplo da súa garra poética e do seu uso da fantasía como compromiso social”. A concesión deste premio coincide coa inauguración da exposición sobre a visión de trinta e catro asrtistas sobre a obra de Ferrín e tamén coa presentación do poemario que temos previsto realizar durante este mes de maio.
Para min este premio constitúe unha grande satisfacción. Os lectores, os libreiros e, agora, tamén os críticos apoian a recepción do texto, podemos pedir máis? Máis beizóns para Teresa.
Actualización (01-04-2006): Pola magnífica información da Voz sei que As galeras de Normandía foi a obra finalista, o que supón para min outra alegría. A novela de Ramón Loureiro é outra desas grandes obras que sei collerán pulo e recoñecemento dos lectores co paso dos anos.
Hoxe levei unha alegría cando coñecín a lista de finalistas galegas do premio Arcebispo Juan de San Clemente. Este premio a obras de narrativa editadas é un dos que máis valoro cada ano, xa que está outorgado por un xurado de alumnos e alumnas de 2º de bacharelato de varios institutos de Galicia.
A moitos quizais lle sorprenderá a inclusión de Aguillóns de Ortegal, a última obra de Hixinio Puentes, da que ata agora se tiña falado ben pouco, xa que as outras dúas finalistas (gustáronme as dúas) xa obtiveron importantes premios e unha notable presenza nos medios. Porén, para min non constituíu unha sorpresa, xa que esta novela clásica de aventuras, ambientada durante a primeira guerra mundial, é unha das narracións máis orixinais e de lectura máis engaiolante das que temos publicado nos últimos anos. É unha boa noticia que, grazas a ser declarada finalista, estes aguillóns vaian emerxendo amodiño da invisibilidade (sabemos que custa moito alertar ao público sobre unha obra dun autor pouco presente nos medios e sen o aval dun galardón). Presentarémolos o vindeiro xoves.
A tertulia sobre os premios de onte resoltou animada e interesante. Belén Fortes fixo unha lúcida e completa análise das vantaxes e inconvenientes dos premios literarios en Galicia. Teresa Moure definiu os premios como “pinguiñas de adrenalina”. Camilo Franco, que confesou que nunca se presentara a un premio literario, propuxo buscar unha nova estratexia para atopar modelos alternativos de apoio á creación. En diversas intervencións reiterouse que a inflación de certames (froito da febleza do noso sistema literario) promove a mediocridade das obras premiadas e a perda de interese por parte dos medios de comunicación e da confianza dos propios lectores e lectoras. Promover premios a novos valores, proporcionar bolsas a proxectos autorais, crear premios honoríficos (como poden ser os Premios Nacionais da literatura galega) foron algunhas das propostas que se puxeron sobre a mesa para saír desta crise inflacionista que hoxe depaupera o valor de boa parte dos nosos premios literarios.
A tertulia completa (sobre setenta e cinco minutos pode escoitarse aquí).
Hoxe coordinarei a tertulia sobre os premios literarios organizada pola Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega. Desde a creación do premio Blanco Amor de novela e do Premio Xerais (os dous máis veteranos, cunha traxectoria de máis de vinte anos) foron agromando polo país ducias de galardóns literarios a obras inéditas dos diversos xéneros (sobre todo narrativas).
Non está de máis valorar o camiño percorrido e a achega que estas iniciativas, a maior parte delas promovidas por institucións públicas, proporcionaron ao pulo da creación e á visibilidade do libro galego nos medios de comunicación.
Entre as moitas cuestións a debate considero que algúns dos temas sobre os que pode xirar a tertulia desta tarde serían:

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
