Xurados dos Premios Xerais
/en Premios, Xerais/por bretemasHoxe anunciamos os xurados dos Premios Xerais.
Premios da edición en Galicia
/en Cultura, Premios/por bretemasMoi oportuna a proposta de hoxe de Ferrín sobre a necesidade de ampliar os Premios Nacionais de Cultura aos diversos xéneros literarios.
Diante do debate social suscitado, quizais conviría que os responsables da Consellaría de Cultura explicasen como entenden a posta en marcha do artigo 21 da Lei do libro e a lectura, aprobada por unanimidade do Parlmento Galego e co apoio de todo o sector do libro, no que se fai referencia a “Premios, bolsas e outros recoñecementos”. En concreto o artigo establece e este teor:
“A Xunta de Galicia outorgará, en colaboración cos axentes do sector, os premios da edición de Galicia ás mellores obras publicadas en galego cada ano –narrativa, poesía, teatro, ensaio e literatura infantil e xuvenil–, á mellor tradución, ás obras mellor editadas e aos mellores labores editorial e de fomento da lectura, ás obras mellor ilustradas e outros”.
Se non nos trabucamos na interpretación do texto, estes premios da edición non deberían ser incompatibles coa convocatoria dos anunciados Premios Nacionais de Cultura. Razón pola que agardamos a súa próxima convocatoria, o que constituiría unha excelente e moi agardada noticia para o mundo da lectura en galego.
"O señor Lugrís e a negra sombra", Premio da Crítica 2007
/en Autores, Narrativa, Premios, Xerais/por bretemasEstamos entusiasmados coa noticia. Dende que no mes de agosto pasado anunciamos a súa aparición crimos que O señor Lugrís e a negra sombra era unha obra das importantes. A crítica recoñézeo. Beizóns e abrazos para Luís, un dos nosos novelistas primeiros.
IIº Premio Teatro Radiofónico
/en Premios, Teatro, Xerais/por bretemasDespois de fallado o IIº Premio de Teatro Radiofónico, hoxe ultimamos a entrada en imprenta do libro e do cedé coas tres obras premiadas. A presentación está prevista para o 17 de abril no Teatro Principal de Pontevedra e a comercialización do libro cedé nas librarías para a derradeira semana de mes.
Jürg Schubiger, premio Andersen 2008
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais/por bretemasO autor suízo Jürg Schubiger foi o gañador do Premio Andersen 2008 (o nobel da LIX), anunciado onte na Feira de Bologna. O pasado ano publicamos Así comezou todo, un libro que escribiu xunto co poeta Franz Hohler. Schubiger combina a actividade de escritor coa de psicoterapeuta en Zürich e Tessin. As súas primeiras historias publicáronse en 1971 baixo o título Die vorgezeigten Dinge, cun prólogo do propio autor que comeza coas seguintes palabras:
“Presentar a Jürg Schubiger é un gran pracer, pois levou a vida dun auténtico poeta. A súa mocidade está marcada por continuas expulsións de diferentes centros escolares, así como por oficios da máis diversa índole, como xardineiro no sur de Francia, viticultor en Tessin e leñador en Córsega. Tampouco lle falta a experiencia de interromper a súa formación como cortador de cartón cando estaba a piques de rematala, e finalmente a súa obstinación por recuperar o tempo perdido preparando de forma autodidacta o bacharelato, indo á Universidade de Zürich e mais escribindo unha tesiña sobre A metamorfose de Kafka”.
Dende 1978, Schubiger dedícase sobre todo a escribir historias para nenos. Entre nós é coñecido só por dúas obras: Cuando el mundo era joven todavía, obra pola que obtivo o Premio Nacional Alemán de Literatura Infantil, e polo xa citado Así comezou todo. 34 historias sobre a orixe do mundo, traducido para o galego por Patricia Buján.
Na categoría de ilustración, o Andersen 2008 foi para Roberto Innocenti, de quen Kalandraka publicou o seu extraordinario Pinocchio e A historia de Erika.
Estes Andersen son dúas oportunidades para volver sobre a obra destes autores fundamentais, dos que afortunadamente xa hai unha mostra das súas obras en galego (o que demostra a madurez da nosa oferta).
Premios Nacionais de Cultura
/en Artigos_Xornal.com, Beizóns, Cultura, Premios/por bretemasMoi boa noticia é a convocatoria dos Premios Nacionais de Cultura. A Consellaría de Cultura cumpre así un compromiso programático dos partidos do goberno e pon en marcha unha das iniciativas previstas na Lei do Libro e a Lectura. As dez categorías convocadas asumen, basicamente, o modelo dos Premis Nacionals de Cultura de Catalunya (quince categorías), afastándose do carácter máis artístico dos convocados polo Ministerio de Cultura (vinte e dúas modalidades, das que doce delas corresponden a literatura, a lectura e a edición) que, por certo, serán entregados o vindeiro sábado no Teatro Jofre de Ferrol (Rubén Ruibal e Manuel Vilariño serán os premiados galegos). A composición independente do xurado (quince persoas) e a posibilidade de realización de propostas por parte de entidades cidadás e institucións parécenme outros dous grandes acertos destes nosos Nacionais. Iniciativas todas elas que, para comezar este novo vieiro de autoestima e fomento da nosa creación cultural, non están nada mal. No entanto, cremos que xa haberá tempo en futuras edicións de realizar algúns axustes nestes premios, como para min sería desdobrar o de Literatura en diversas modalidades de xénero, algo que parece lóxico tanto pola grande importancia da nosa creación escrita, como polo que isto podería axudar ao proceso de normalización da lingua, do libro e da lectura en galego. Beicemos á Conselleira de Cultura por esta magnífica iniciativa que abre un camiño de apoio á creación e promoción da nosa cultura.
Finalistas dos premios AELG 2008
/en Premios/por bretemasOs mellores libros do 2007
/en Premios/por bretemasFervenzas literarias –unha revista electrónica que seguimos con moito interese, polo seu grande labor de divulgación da nosa actualidade editorial literaria– deu a coñecer a lista dos mellores libros de 2007, confeccionada polos seus lectores. Quedamos moi agradecidos polos recoñecementos que nos tocan.
Gañadoras do Iº Premio de Micronovela de Soutomaior
/en Narrativa, Premios, Xerais/por bretemasHoxe dimos a coñecer o fallo do Iº premio de Micronovela organizado polo concello de Soutomaior. Entre as corenta e oito noveliñas presentadas (máis de dous mil cincocentos folios), os tres membros do xurado escollemos como gañadora “Diario do efecto bolboreta” de Andrea Maceiras Lafuente, xove narradora de Cambre, estudante de 3º de Filoloxía da Universidade da Coruña. A obra gañadora do accesit foi a titulada “Virxinia” de Pilar Ortega Pereiro, profesora de Tecnoloxía no IES Pedra de Auga de Ponteareas.
A micronovela gañadora relata, seguindo a teoría de Lorenz, unha orixinal e divertida viaxe dun matemático galego e sentimental que persegue o bater de ás dunha bolboreta de Beijín a Nova York para comprobar a veracidade do chamado efecto bolboreta.
Ningunha das dúas gañadoras ten obra publicada ningunha, a pesar de xa ter acadados outros premios literarios anteriores. Unha auténtica sorpresa. As noveletas premiadas serán editadas a finais da vindeira primavera.
Actualización (16-02-2008): A noticia da entrega en Vigo Metropolitano e La Voz de Galicia.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.