Poema de hoxe 186: “Cometa” de Xosé María Álvarez Blázquez
Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.
Xosé María Álvarez Blázquez, Canle segredo (1954, 1976)
Poema de hoxe 186: “Cometa” de Xosé María Álvarez Blázquez/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.
Xosé María Álvarez Blázquez, Canle segredo (1954, 1976)
Poema de hoxe 185: «Chove» de Álvaro Cunqueiro (1958)/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Se tódolos poetas
do mundo nos esquecéramos
da chuvia, quizabes
deixase de chover. O
mesmo pasaría coa guerra.
Quizabes.
Álvaro Cunqueiro, Outros poemas (Galaxia 2011)
Poema de hoxe 184: «Os oficios de Bran» de Álvaro Cunqueiro/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Deixaban o país onde anoitece
polo país onde amence.
Álvaro Cunqueiro, Herba de aquí e acolá (1980)
Poema de hoxe 183: «Cantiga nova que se chama riveira» de Álvaro Cunqueiro/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Toda a casa estaba chea
de espellos para soñar,
ai amante!
Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Riveira (1933)
Poema de hoxe 182: «Isto é a poesía» de Berta Dávila/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Isto é a poesía:
suxeitar a beleza talvez para exhibila
prendida de alfinetes sobre papel de inventario.
Berta Dávila, Raíz da fenda (Xerais, 2013)
Poema de hoxe 181: «O mar creador» de Xosé Otero Canto/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
O mar leva sempre ciceis de auga
porque o mar é creador.
Lambe, acaroa e busca as rochas
para dar forma coas súas linguas de aceiro.
Xosé Otero Canto, As Catedrais, portas do misterio (Concello de Ribadeo, 2016)
Poema de hoxe 179: “Relato” de Ramiro Fonte/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Unha casa de infancia morre ao chegar a primavera.
Ramiro Fonte, Pasa un segredo (Xerais, 1989)
Poema de hoxe 178: “O paraíso das sombras” de Cesáreo Sánchez iglesias/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Comezara pola lectura dos recordos que son instante na eternidade do efémero.
Cesáreo Sánchez Iglesias, O paraíso das sombras (Biblos, 2009)
Poema de hoxe 177: «hai días en que todo o pasado» de Kiko Neves/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
hai días en que todo o pasado
queda moi lonxe
e o presente queima na xema dos dedos
o futuro
é un baleiro
hai días
en que o mellor é quedar na cama
Kiko Neves Centoonce (Xerais, 2005)
Poema de hoxe 176: «Tiven un soño» de Eva Veiga/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
tiven un soño
no que aparecías
a penas un instante
e abondaba
Eva Veiga, A frecha azul do teixo (Espiral Maior, 2010)
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).