Teresa Cristina
/en Música/por bretemas
Onte na Feira, mentres Suso asinaba e asinaba, parrafeei un bo anaco con Pawley. Inevitablemente caimos a comentar as nas nosas querenzas musicais e literarias brasileiras. El recomendoume a Maria Rita e eu non puiden máis que aconsellarlle que abrazase o choriño da Teresa Cristina interpretando ao Paulinho da Viola (un dobre cedé xenial). A moza da Lapa ben merece todo o noso agarimo, a pesar de que os seus discos non se poidan mercar aquí. Hoxe volveremos á Coruña para acompañar a Manolo na súa primeira asinatura (agardamos con impaciencia a publicación da crítica prometida).Mesa de novidades
/en Música, Novidades/por bretemas
Aproveitando que estamos de vacacións, onte escapei un pouco antes da oficina para preguntarlle a Xaime polas últimas novidades. Despois dun bo parrafeo co libreiro sobre o programa da Feira da Coruña, que abrirá o vindeiro martes, e sobre Cultur.gal, o salón da industria cultura que se celebrará a comezos de decembro (anunciarémola nos vindeiros días), aínda merquei uns cantos discos e libros. Xa lle tiña ganas ás conversas de Paco Rodríguez, ás Memorias de náufragos de Salvador Rodríguez (que estivemos a piques de publicar) e ao último premio Edebé de Jordi Sierra i Fabra. Entre os discos, por fin atopei o de Galegoz (xa lle din unhas cantas voltas, ben, ben, moi ben), as cancións de troula de Aquenlla e o efecto Faltriqueira (cando o escoitei quedei un chisco perplexo). Visitar a libraría e conversar co libreiro é un deses praceres que aconsello frecuentar.
Take me out
/en Música, Vídeos/por bretemasMilladoiro en Trasalba
/en Eventos, Música, Persoal, Premios/por bretemasActualización (21.00): O acto, resultou dun grande interese, tanto pola intervención do profesor Alonso Montero sobre a correspondencia entre Otero e Castelao, como, e moi especialmente, polo discurso de agradecemento que pronunciou Antón Seoane no nome de Milladoiro. Quedeime con dúas das súas afirmacións: “Milladoiro pertence ao consorcio da esperanza” e “…xa é hora que Galicia esperte tras tantos anos de hipersono”. Esta determinación contra a diletancia e contra calquera tipo de conformismo encheunos de optimismo.
Rúa para Zeca Afonso
/en Música/por bretemas
Adhírome entusiasmado á iniciativa que promove o amigo Benedicto (parabéns polo animadísimo blo) de reclamar unha rúa en Santiago para Zeca Afonso.
Vídeos dos oitenta
/en Música/por bretemas
Nesta páxina pódese atopar unha boa mostra de vídeos de música dos oitenta (Agradecidos, Pedro). A verdade é que non está todo e hai moita paxarada, mais, fedellando aínda se poden atopar cousas ben xeitosas. Entre tanta ramallada atopei aos meus amigos de Siniestro, tan noviños que non puiden evitar publicalos.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
O galego, ben da humanidade3 de Abril de 2026 - 8:29 p.m.
Lix primeiro piar da edición galega3 de Abril de 2026 - 7:58 p.m.
Portalén24 de Marzo de 2026 - 5:15 p.m.
Carencias do Celta23 de Marzo de 2026 - 5:07 p.m.
A batalla invisible18 de Marzo de 2026 - 7:45 a.m.




Este
