Ritmo latino
/en Música/por bretemasTeresa Cristina
/en Música/por bretemasMesa de novidades
/en Música, Novidades/por bretemasAproveitando que estamos de vacacións, onte escapei un pouco antes da oficina para preguntarlle a Xaime polas últimas novidades. Despois dun bo parrafeo co libreiro sobre o programa da Feira da Coruña, que abrirá o vindeiro martes, e sobre Cultur.gal, o salón da industria cultura que se celebrará a comezos de decembro (anunciarémola nos vindeiros días), aínda merquei uns cantos discos e libros. Xa lle tiña ganas ás conversas de Paco Rodríguez, ás Memorias de náufragos de Salvador Rodríguez (que estivemos a piques de publicar) e ao último premio Edebé de Jordi Sierra i Fabra. Entre os discos, por fin atopei o de Galegoz (xa lle din unhas cantas voltas, ben, ben, moi ben), as cancións de troula de Aquenlla e o efecto Faltriqueira (cando o escoitei quedei un chisco perplexo). Visitar a libraría e conversar co libreiro é un deses praceres que aconsello frecuentar.
Take me out
/en Música, Vídeos/por bretemasMilladoiro en Trasalba
/en Eventos, Música, Persoal, Premios/por bretemasActualización (21.00): O acto, resultou dun grande interese, tanto pola intervención do profesor Alonso Montero sobre a correspondencia entre Otero e Castelao, como, e moi especialmente, polo discurso de agradecemento que pronunciou Antón Seoane no nome de Milladoiro. Quedeime con dúas das súas afirmacións: “Milladoiro pertence ao consorcio da esperanza” e “…xa é hora que Galicia esperte tras tantos anos de hipersono”. Esta determinación contra a diletancia e contra calquera tipo de conformismo encheunos de optimismo.
Rúa para Zeca Afonso
/en Música/por bretemasAdhírome entusiasmado á iniciativa que promove o amigo Benedicto (parabéns polo animadísimo blo) de reclamar unha rúa en Santiago para Zeca Afonso.
Vídeos dos oitenta
/en Música/por bretemasNesta páxina pódese atopar unha boa mostra de vídeos de música dos oitenta (Agradecidos, Pedro). A verdade é que non está todo e hai moita paxarada, mais, fedellando aínda se poden atopar cousas ben xeitosas. Entre tanta ramallada atopei aos meus amigos de Siniestro, tan noviños que non puiden evitar publicalos.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.