A voz da Mestra
/en In memoriam, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasRecibín por correo electrónico este texto oportunísimo de Galix sobre María Victoria:
Mª Victoria Moreno Márquez faleceu hoxe pola mañá en Pontevedra, vítima dunha enfermidade que a acompañou nestes últimos anos e finalmente venceuna.
Nada en Valencia de Alcántara (Cáceres) en 1941, a Licenciatura en Filoloxía Románica tróuxoa para Galiza, onde desde 1963 ata a súa xubilación exerceu o maxisterio en institutos de Lugo e Pontevedra. A súa condición de Catedrática de Lingua e Literatura Española converteuse nunha condición funcionarial que lle permitiu espallar os seus extraordinarios coñecementos literarios e contaxiar a súa radical sensibilidade ante e a paixón de vivir a milleiros de alumnos e alumnas. Foi unha Mestra.
Logo de estudar o bacharelato en Barcelona e Filosofía e Letras (Sección de Filoloxía Románica) en Madrid, a súa chegada a Pontevedra como profesora do daquela Instituto Feminino fixo posible a súa integración na cultura galega. Aínda que comezou a súa traxectoria de escritora en castelán, axiña se integrou na nosa literatura en 1973 con dous libros que forman parte da nosa historia literaria imprescindible. Se a publicación de “Os novísimos da Poesía Galega” abriu as portas do verso novo en tempos de miseria á sociedade galega, desde a solidariedade co “home concreto” naquel “instante concreto” da Ditadura, a edición de “Mar adiante” constituíu un acontecemento no baleiro da literatura infantil-xuvenil galega. A súa dedicación á nosa cultura (desde os cursiños de Lingua Galega á marxe da oficialidade, en plena Ditadura, ata o seu labor de crítica, tradutora e pioneira da literatura infantil-xuvenil) converteuse nunha identificación co país e as súas xentes que mantivo ao longo da súa vida. Solidariedade e compromiso ideolóxico, literatura de elevado valor estético e ético para lectores e lectoras novos, sensibilidade ante a natureza viva e amor polos animais foron os eixos dunha traxectoria literaria e vital que deixou fonda pegada na nosa cultura.
Libros como “Anagnórise” (un dos máis vendidos pola nosa industria editorial), “Leonardo e os fontaneiros” ou “Guedellas de seda e liño” (o seu “testamento literario”) son referentes imprescindibles da nosa literatura sen idade. Ademais, en 2004 recolleu a súa batalla contra o enferma de cancro de mama en “Diario da luz e da sombra” (Xerais, 2004). O seu derradeiro libro, “Eu conto, ti cantas…” (Col. Merlín, Eds. Xerais, 2005) recompila tres contos de animais escritos en verso. A poesía maxistral, a solidariedade, o valor da amizade, o amor polos animais e o canto á paixón de vivir aparecen xuntos así na súa última e gran lección: “Eu son moi feliz dándolles de comer e aprendéndolles cousas aos cachorros. Aos nenos hai que darlles sempre o mellor. Por suposto, tamén na literatura”.
Foise a amante do silencio, pero a súa voz queda nos seus libros. E con ela a súa lección de vida, convertida nun “vento que canta cancións eternas sobre un mundo angustiosamente finito”. É a fermosa voz da Mestra.
Novela de Marilar Aleixandre
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Xerais/por bretemas
Esta tarde presentaremos Rúa Carbón, a última novela de Marilar Aleixandre. Grazas á iniciativa de Vieiros pódese descargar un capítulo en PDF.
Creo que a moitas persoas adultas vailles sorprender atopar nunha colección, teoricamente, xuvenil un texto que aborda a complexa procura das identidades individuais e colectivas, tendo como teón de fondo o conflito político vasco e o terrorismo de ETA. Esta novela paréceme tan valente como sólida. Na vindeira primavera será editada en castelán. Recoméndoa vivamente.
O manuscrito de Alicia
/en Imaxes, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasEncontros de LIX no Porto
/en Eventos, Literatura infantil e xuvenil/por bretemas
Deuse a coñecer xa o programa dos tradicionais Encontros Luso-Galaico-Franceses de literatura infantil e xuvenil, que se celebran no Porto no mes de novembro. Este ano abordarán o tema: “Os Clásicos: tradición e actualidade”, con particular atención a Andersen e Verne. O programa pode baixarse aquí.
A paixón pola palabra
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasNace OQO
/en Editores, Literatura infantil e xuvenil/por bretemas
Hoxe varios medios anuncian a aparición dos primeiros catro libros de OQO editora, o proxecto dunha nova editora de álbum infantil multilingüe do que tiveramos noticia na Feira de Boloña. A calidade e o interese dos libros, concibidos como espazos de creación literaria e plástica, está asegurada. Esta é unha moi boa nova para a edición galega. Parabéns e feliz travesía a Eva Mejuto e ao resto do seu equipo.Vai de mar
/en Cidades, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasOs membros da delegación galega xa fóramos moi mimados durante toda a xornada. As palabras de acougo e agarimo foron constantes e o aplauso, que pechou as intervencións de Pilar e Xosé na presentación ao mediodía de Vai de mar (A ilustración galega no século XXI), tan intenso e prolongado, que chegou a emocionarnos a todos. A exposición foi outro motivo de orgullo dun día que non esqueceremos.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
O galego, ben da humanidade3 de Abril de 2026 - 8:29 p.m.
Lix primeiro piar da edición galega3 de Abril de 2026 - 7:58 p.m.
Portalén24 de Marzo de 2026 - 5:15 p.m.
Carencias do Celta23 de Marzo de 2026 - 5:07 p.m.
A batalla invisible18 de Marzo de 2026 - 7:45 a.m.









