"Memoria contra Alzheimer", presentación
/en Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Presentacións, Xerais/por bretemas
Onte presentamos en Vigo Memoria contra Alzheimer a novela curta de Rafael Laso publicada en Fóra de Xogo. O acto celebrouse na sede Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Vigo, entidade profesional á que pertence o autor, coa presenza dun público numeroso. Rafael Laso sinalou na súa intervención que na novela pretendeu que unha partida de xadrez xogada ás cegas, unha das máis famosas da historia, marcase o ritmo dos capítulos dunha obra na que pretendeu abordar a patoloxía do Alzheimer, unha das patoloxías sociais que nestes momentos máis preocupa. “O xadrez é un deporte honesto, no que se precisa moita capacidade e moita memoria, á de dúas persoas que se enfrontan nunha batalla sen danos colaterais, baseándose na súa memoria”. […] “Quixen describir as fases do esquecemento que se van producindo no Alzheimer por medio dunha personaxe que non sabe se é un xogador ou unha peza, ao tempo que vai abandonando os recordos que o acompañaron ao longo da súa vida. Unha xogada na que o protagonista é consciente de que ten a partida perdida”. Rematou a súa intervención sinalando que pretendeu propoñer aos lectores unha reflexión sobre o esquecemento: “cando hai alguén capaz de lembrarte, existirás”, aínda que “como sinalaba o meu querido Carlos Casares, non hai maior certeza, xa que non sabemos a razón pola que toda a xente ao final acaba esquecendo”.
Xabier P. Docampo
/en Autores, Beizóns, Literatura infantil e xuvenil/por bretemas
Mágoa que non poidamos acompañar hoxe ao noso ben querido Xabier Puente Docampo na merecidísima homenaxe que lle rende o Salón do Libro de Pontevedra. Xabier leva feita unha contribución monumental ás nosas letras e ao noso afán colectivo de conformación dun criterio literario nos lectores de todas idades, que non se pode pagar cunhas poucas palabras. A súa concepción da narración, oral ou escrita (que no seu caso tanto ten, unha cousa coma a outra) como o máis sublime acto de amor, transforma cada un dos seus textos, sometidos a un proceso de depuración que acada cotas de auténtico delirio, en alfaias de emoción que permiten desvelar todas as marxes da condición humana. Ademais, Xabier é un animador educativo e cultural teimudo de creatividade desbordada (velaí o seu máis recente proxecto), e, sobre todo, unha persoa cabal na que poder espellarse como ser humano. Hai máis importantes razóns para abenzoalo? Beizóns, mestre! Con todos os abrazos.
"Remoldiño vai a feira"
/en Literatura infantil e xuvenil, Teatro, Xerais/por bretemas
Como xa fixeramos o pasado ano, comezamos a nosa campaña de animación á lectura nos centros escolares de educación infantil e primeiro ciclo de primaria da man de Casa Hamlet coa obra de Manuel Lourenzo Remoldiño vai á feira, inspirada no texto de Xoán R. Cuba.
"A casiña de chocolate"
/en Ilustración, Literatura infantil e xuvenil/por bretemas
Pablo Auladell está preparando esta marabilla para unha versión d’ A casiña de chocolate que publicará proximamente Kalandraka. Un ilustrador xenial."A sombra descalza", incluída na Lista de Honra do IBBY 2008
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais/por bretemas
Hoxe soubemos da inclusión d’ A sombra descalza de An Alfaya na Lista de Honra do IBBY 2008. Unha espléndida noticia para comenzar o ano. Esta obra xa contaba cos seguintes premios: o Lazarillo de literatura xuvenil 2005; o Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2006 e o White Ravens 2007. A novela, ademais, merece o apoio dos lectores, xa vai na cuarta edición. As nosas beizóns para An Alfaya que ben as merece por tan importante recoñecemento.
"La Mar de Letras", premio libraría cultural 2007
/en Librarías, Literatura infantil e xuvenil, Premios/por bretemas
Onte participei no xurado do IXº premio Libraría Cultural, organizado por CEGAL. A experiencia foi moi bonita. Entre novas propostas, todas elas moi interesantes, e despois de estudar as sús correspondentes memorias, escollemos (case por unanimidade) o proxecto presentado por “La Mar de Letras“, unha libraría especializada en promoción da lectura e fondo infantil e xuvenil, situada no centro de Madrid. Consultando no web que manteñen (hai moita información) pode coñecerse algunhas das iniciativas que relizan. Especialmente interesante é o premio “Microcrítico”, destinado a promoción da crítica literaria realizada por nenos e nenas. Recomendo emular esta iniciativa.
Nace "Bloc"
/en Beizóns, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Medios/por bretemas
Tras a aparición de Trama y texturas, coñecemos a aparición de Bloc, revista internacional de literatura infantil y juvenil. A presenza de grandes amigos como Xabier P. Docampo, Auladell ou Ventura aseguran rigor, beleza e calidade nunha publicación profesional semestral de expléndida presentación. A presentación será en Madrid o 20-N (unha boa chiscadela, si señor). Beizóns para os promotores!Eis o texto fundacional dos promotores:
“Las personas que componemos este consejo de redacción procedemos de distintos ámbitos —escritores, bibliotecarios, editores, ilustradores, críticos…—, pero todos participamos del interés y el gusto por el texto y la ilustración, especialmente en ese género conocido como álbum ilustrado, uno de los territorios más dinámicos de experimentación estética en los últimos años.
Pretendemos con Bloc propiciar un espacio de análisis y reflexión en torno a la imagen y la palabra, proyectando una mirada especial a la construcción de mundos imaginarios en los que el texto y la ilustración aparecen de la mano.
A sus páginas se asomarán profesionales interesados en el género y en sus aspectos complementarios, ya sean éstos el diseño, la traducción, la fotografía o la literatura infantil o canónica.
Por ello, en sus páginas estarán presentes creadores bien distintos, que nos ofrecerán sus reflexiones sobre cualquier suceso literario o gráfico, y se presentarán obras que, a nuestro juicio, ofrezcan componentes de calidad, cuando no de excelencia. Aspiramos a que Bloc se convierta en ese espacio de referencia en el que cualquier profesional pueda encontrar visiones, comentarios y análisis a la altura de sus inquietudes y preocupaciones.”
Presentación dos Premios Fundación Caixa Galicia
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil, Presentacións, Xerais/por bretemas
Despois de dúas xornadas de intenso traballo en Madrid, regresei por Compostela para participar na presentación de Illa soidade de An Alfaya, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil e O ceo dos afogados de Francisco Castro, finalista do mesmo certame. A presentación foi moi xeitosa e orixinal, xa que An presentou a obra finalista e Fran a gañadora.
An Alfaya sinalou que que toda a literatura de Francisco Castro era trangresora e esta novela, enchida dunha atmosfera de extrañeza, tamén o era, xa que constitúe un S.O.S do que está pasando no mundo. Pola súa banda, Fran indicou que a novela de Alfaya abordaba un tema silenciado que busca facernos reflexionar: “Detrás de cada illa soidade hai un corazón, hai tenrura, hai odio, hai amor, hai un ser humano”. Dúas novelas literariamente importantes sobre o dilema da comunicación/incomunicación que amosan a madurez da nosa literatura xuvenil.
Entrevista a Agustín Fernández Paz
/en Adiantos, Autores, Entrevistas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Novidades, Xerais/por bretemas
O levantador de minas publica unha entrevista audiovisual con Agustín Fernández Paz e un adianto lido dun dos contos (“Amor do agosto”) que forma parte do seu vindeiro libro (no prelo) O único que queda é o amor. Moi recomendables os dous documentos audiovisuais. Beizóns para Alfredo e Tati!

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Asociación Cultural de Vigo6 de Agosto de 2026 - 2:25 a.m.
Un plan do galego para Rueda2 de Agosto de 2026 - 4:14 a.m.
Gorgorito e o Vigo Ye-Ye28 de Xullo de 2026 - 12:14 p.m.
Vigo líder de Galicia22 de Xullo de 2026 - 4:23 a.m.
Isaac Fraga, unha vida para o cine16 de Xullo de 2026 - 4:20 a.m.









