O libro electrónico no «Diario Cultural»
/en Entrevistas, Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías/por bretemasManuel Gago e máis eu fomos convocados hoxe polo Diario Cultural da Radio Galega para opinar sobre o libro electrónico. As entrevistas de Anxo Quintela poden escoitarse aquí.
«Palabras maiores», libros electrónicos de Carmen Balcells
/en Axentes_literarios, Libro_electrónico, Tecnoloxías/por bretemasEsta anotación de onte de José Antonio Millán non pode pasar desapercibida. Carmen Balcells, a gran axente catalana, promove «Palabras maiores», unha colección de libros electrónicos dalgúns autores que xestiona a axencia, editados por Leer-e, unha empresa navarra que ata agora se dedicada só á distribución de e-books. Cada un dos títulos (o catálogo total recolle máis de seiscentas referencias) pode descargarse por prezos sempre inferiores aos cinco euros. Ademais de poder descargarse dende a rede, o sistema de venda de Leer-e contempla a implicación, polo momento, de 18 librarías. «Palabras maiores» é unha experiencia de distribución de libro electrónico en España chamada a converterse en referente (para emular, mellorar, modificar…).
E-books, quince características óptimas
/en Libro_electrónico/por bretemas
- Tamaño correcto: máis grande ca un iphone, máis pequeno ca un ultraportatil.
- Encendido / apagado instántaneo:é un aparello non un pc.
- Gran interfaz de usuario: baseado nun estándar aberto que require manual de usuario.
- Alto contraste, alta resolucióne cores brillantes: hoxe non existe esta posibilidade, aínda que o iphone demostra que tecnoloxicamente é posible.
- Acceso aleatorio: poder saltar a unha páxina, a un capítulo (un libro que tamén pode ser folleado).
- Durabilidade: debe durar anos.
- Almacenamento: 50 Gb.
- Anotación doada: posibilidade de realizar marcaxes e anotacións.
- Acceso doado a dicionarios: posibilidade de intertextualidade cos dicionarios cargados.
- Custo aceptable: tarifa plana de 40 $ mensuais. (?)
- Comunicacións inalámbricas incorporadas.
- Modelos de negocio aceptables: como retribuír a editores e autores. (?)
- Distribución máis ampla: posibilidade de “roaming” entre os distribuidores.
- Vídeo e animación integrados.
- Protección da propiedade intelectual e administración dos dereitos dixitais aceptabe.
Mudar o paradigma
/en Humor, Libro_electrónico, Tecnoloxías, Vídeos/por bretemasInforme sobre o libro dixital en Francia
/en Libro_electrónico/por bretemasOs amigos de Ediciona acaban de traducir o Informe sobre o libro e os contidos dixitais, encargado polo Ministerio de Cultura francés. O documento propón respostas para as preguntas que adoito se realizan os membros da cadea de valor do libro (fundamentalmente autores e editores), ao tempo que examina ao ferta de contidos dixitais, con atención especial, a situación de Francia e Xapón. O texto é moi interesante, clarificador e de lectura recomendable. Pódese baixar dende aquí en pdf. Volveremos sobre os seus contidos. Grazas.
Gallimard aposta polos libros electrónicos
/en Libro_electrónico, Tecnoloxías/por bretemasEditions Gallimard acaba de anunciar que antes que remate este mes de setembro ofrecerá un catálogo de libros electrónicos descargables dende a súa libraría electrónica, «Le Divan». A selección de obras incluirá algunhas das novidades literarias da vindeira tempada. Este anuncio coincide co lanzamento en Francia do Sony Reader pola FNAC, a un prezo de 299€, e por Hachette livre como proveedor exclusivo de títulos durante tres semanas deste soporte electrónico de lectura. O libro electrónico móvese en Francia.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Horizonte Europa25 de Abril de 2025 - 8:14 a.m.
- Respecto24 de Abril de 2025 - 4:36 p.m.
- «La Cristina», papeleira de Lavadores22 de Abril de 2025 - 10:30 a.m.
- As columnas de Noriega16 de Abril de 2025 - 4:29 p.m.
- Vigo desde o aire15 de Abril de 2025 - 5:14 p.m.