Como será o mundo do libro en 2020?

A revista Qué leer convocou a seis expertos para que fixesen a súa análise de como cren que será o mundo do libro en 2020. A verdade é que algúns dos prognósticos son moi interesantes.

Para Juergen Boos, director da Feira do Libro de Frankfurt, en 2018 a venda de contidos dixitais superará a dos libros tradicionais (impresos), o que non supoñerá, en ningún caso, a devaluación da industria editorial nin a desaparición do libro impreso, xa que para el se convertirá na de maior facturación das industrias culturais (mesmo por riba de Internet).

Para Stuart Applebaum, directivo de Random House, a explosición dixital incrementará as oportunidades dos lectores. Como retribución ao autor das vendas dos libros electrónicos propón o 25% dos ingresos netos obtidos polo editor.

Para Alberto Rollo, director literario de Feltrinelli, o libro, tecnoloxicamente falando, ten unha longa vida por diante. Outrosí sucede coas librarías que en dez anos se terán transformado en espazos multiproduto.

Para Will Moore, directivo deIngram Digital, as librarías deben ofrecer indistintamente produtos  impresos coma dixitais, emulando a estratexia das actuais redes de sociais, xa que os lectores quererán interactuar entre eles. Para el, como sucedeu no sector da música co ipod que levou ao seu cume á música dixital, os novos dispositivos de lectura portátil farán o mesmo no mundo editorial.

Para Mike Shatzkin, fundador de The Idea Logical Company, o crecemento da industria editorial virá da man do e-book e os beneficios dos editores medrarán grazas á creación de novos contidos específicos que pendurarán das súas webs e que se distribuirán por medio dos teléfonos móbiles. Tamén acredita no desenvolvemento de novos xéneros literarios baseados na interacción entre os distintos formatos creativos.

Para Kalev Leetaru, da Universidade de Illinois, o problema do libro dixital non reside tanto na tecnoloxía como no feito de que os editores non saben como financialos. Apunta que paradoxicamente o libro dixital pode incrementar o consumo de papel, pois moita xente optará por imprimir os textos que se descargue. «A auténtica revolución chegará cando os aparellos de lectura dixital maduren ata o grao de ser tan confortables como o papel.»

2 comentarios
  1. Alfredo Ferreiro
    Alfredo Ferreiro Dice:

    Sobre o mundo do libro algúns temos máis curiosidade no que respecta aos contidos, talvez porque descoñezamos as estratexias editoriais en profundidade. Os prezos, os tamaños, os xéneros en certo modo, teñen a ver co poder adquisitivo, cos gastos de edición, cos gustos do sector de público escollido. E os contidos, non teñen a ver coa calidade, é dicir, coas características do tipo de persoa que le? Haberá nos próximos tempos unha literatura de características diversas para un lector novo ou constituiremos o mesmo abano de clientes potenciais polos séculos dos séculos?
    Benvido á Blogaliza.

  2. Un lector
    Un lector Dice:

    A min tamén me parece impactante e oportuno. E, se se compara coas prácticas tremendas que está a empregar o Partido Popular, semella feito por xente ben inocente. O que non lle vexo é esa incorrección á que vostede alude, porque o que vemos remite a un contexto que se adiviña ben: a incomodidade dos dous membros da parella é evidente, dedúcese que teñen unha boa sintonía entre eles e que xa mantiveron conversas previas sobre o tema. Concordo en que a resolución podería ser máis subtil (por exemplo: ela di “eu ben sei o que vou votar”; el engade: “e eu tamén”; e logo un plano das dúas mans collendo a papeleta), pero entón xa non sería un spot de campaña electoral.

Los comentarios están desactivados.